Edmond Sumner

baloncestista estadounidense

Edmond Byron Sumner, nado o 31 de decembro de 1995 en Detroit, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no BC Žalgiris Kaunas lituano.

Edmond Sumner
Žalgiris Kaunas
Información persoal
Nacemento 31 de decembro de 1995 (28 anos)
Detroit, Míchigan
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Detroit Country Day
(Beverly Hills, Michigan)
Universidade Xavier (2014–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 2 / Elección: 52
Por New Orleans Pelicans
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Indiana Pacers (2017–2021)
Fort Wayne Mad Ants (2017–2019)
Brooklyn Nets (2022–2023)
Žalgiris Kaunas (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2017, Sumner foi seleccionado na 52ª posición do Draft da NBA de 2017 polos New Orleans Pelicans, quen o traspasaron ós Indiana Pacers. O 5 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Pacers. O 29 de xullo de 2019, Sumner asinou un novo contrato cos Pacers por tres anos.[1]

O 6 de outubro de 2021, os Pacers traspasaron a Sumner ós Brooklyn Nets a cambio dos dereitos do Draft de Juan Pablo Vaulet.[2] Catro días máis tarde, os Brooklyn cortaron a Sumner.[3] O 8 de xullo de 2022, asinou de novo cos Nets.[4] Tras un ano en Brooklyn, foi cortado de novo.[5]

Notas editar

  1. "Edmond Sumner's New Contract Displays the Indiana Pacers' Belief in His Future". Forbes. 
  2. "Brooklyn Nets Complete Trade With Indiana Pacers". NBA.com. 6 de outubro de 2021. Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  3. "Brooklyn Nets Waive Edmond Sumner". NBA.com. 10 de outubro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  4. "BROOKLYN NETS SIGN EDMOND SUMNER". NBA.com. 8 de xullo de 2022. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  5. "Brooklyn Nets Waive Edmond Sumner". NBA.com. 15 de xullo de 2023. Consultado o 15 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar