Edgar Rice Burroughs

escritor estadounidense (1875-1950)

Edgar Rice Burroughs, nado en Chicago o 1 de setembro de 1875 e finado en Encino, California, o 19 de marzo de 1950, foi un escritor estadounidense de xénero fantástico coñecido polas súas series de historias de Barsoom (ambientadas en Marte), de Pellucidar (que teñen lugar no centro da Terra) e, en especial, pola creación do mundialmente famoso personaxe de Tarzán.

Edgar Rice Burroughs
Nacemento1 de setembro de 1875
 Chicago
Falecemento9 de marzo de 1950 (74 anos)
  Encino, California
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoTarzana
NacionalidadeEstadounidense
Alma máter13937 Roberthargraves e Michigan Military Academy
Ocupaciónescritor
PaiGeorge Tyler Burroughs
NaiMary Evaline Zieger
CónxuxeFlorence Gilbert
FillosJohn Coleman Burroughs
Linguainglés
Períodoséculo XX
XénerosCiencia ficción
Western
Coñecido/a porBarsoom e Tarzán
PremiosInkpot Award e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
Na rede
https://edgarriceburroughs.com
IMDB: nm0123194 Allocine: 179105 Allmovie: p158906 TV.com: people/edgar-rice-burroughs IBDB: 78746
Musicbrainz: e830c60f-5406-43ca-9e22-7b3bce6399af Discogs: 2123807 WikiTree: Burroughs-446 Find a Grave: 152 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Asistiu á Harvard School de Chicago onde entrou en contacto co mundo clásico de Grecia e Roma. Tralo seu paso pola escola foise a vivir ao rancho gandeiro do seu irmán onde traballou dous anos de vaqueiro. Despois ingresou na Philips Academy de onde o expulsarían por preguiceiro. Tras un período de adestramento na Academia Militar de Míchigan, entrou a formar parte do Sétimo de Cabalaría dos EUA e chegou a loitar contra os apaches en Arizona pero pronto o licenciaron ao descubrir a súa minoría de idade, o que o levou a volver a Chicago e dedicarse a unha serie de traballos diversos non moi ben pagados tanto alí como en Idaho.

En 1912, aos 36 anos de idade e baixo o seudónimo de Normal Bean que apareceu impreso como Norman Bean, publicou o seu primeiro relato, Baixo as lúas de Marte na revista All-Story Weekly, obra que lle reportou 400 dólares. En outubro dese mesmo ano, esta vez co seu nome real, publicou Tarzán dos monos que en 1914 aparecería en formato de libro.

Durante a segunda guerra mundial fíxose correspondente de guerra para Los Angeles Times e cubriu, con 66 anos de idade, o conflito no área do Pacífico sur.