Edgar Douglas Adrian

Edgar Douglas Adrian OM PRS nado en Londres, Gran Bretaña, o 30 de novembro de 1889 e finado en Cambridge, Gran Bretaña, o 4 de agosto de 1977, foi un fisiólogo británico.

Edgar Douglas Adrian
Datos persoais
Nacemento30 de novembro de 1889
LugarHampstead, Londres, (Gran Bretaña)
Falecemento4 de agosto de 1977, 87 anos
LugarCambridge (Gran Bretaña)
ResidenciaGran Bretaña
NacionalidadeBritánica
CónxuxeHester Adrian, Baroness Adrian
FillosRichard Adrian, 2nd Baron Adrian, Anne Adrian e Jennet Adrian
Actividade
CampoFisioloxía
Alma máterUniversidade de Cambridge
Contribucións e premios
Coñecido porElectrofisioloxía
PremiosPremio Nobel de Medicina (1932)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou na Secundaria Westminster e aprobou ciencias naturais no Trinity College de Cambridge, licenciándose en medicina en 1915. Durante a primeira guerra mundial traballou no St Bartholomew's Hospital de Londres, tratando a soldados con desordes nerviosas. Volveu a Cambridge en 1919 e en 1925 comezou os seus estudos sobre os impulsos nerviosos nos órganos sensoriais humanos, demostrando a posibilidade de medir a corrente nas fibras nerviosas aplicando un amplificador.

Foi profesor do Royal College of Physicians (cátedra Sharpey, 1925), da Royal Society (cátedra Foulerton, 1929-1937) e da Universidade de Cambridge (cátedra de fisioloxía, 1937-1951). Desde 1951 foi director do Trinity College.

En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos relativos á función das neuronas e as células nerviosas motoras, premio que compartiu con Sir Charles Scott Sherrington.

En 1950 foi nomeado presidente da Royal Society.

Algunhas publicacións editar

  • The Basis of Sensation, 1928.
  • The Mechanism of Nervous Action, 1932.
  • The Physical Basis of Perception, 1947.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar