O ecotón,[1] do grego eco- (oikos ou casa) e ton, (tons ou tensión), é un lugar onde os compoñentes ecolóxicos están en tensión. É a zona de transición entre dúas ou máis comunidades ecolóxicas (biocenose) distintas.[2]

As marismas son lugares de transición marcada (bordo) entre comunidades e presentan grande interese ambiental.

Xeralmente, en cada ecotón viven especies de fauna e flora propias de ambas as comunidades, pero tamén poden atoparse organismos particulares, alleos a ambas. Ás veces a ruptura entre dúas comunidades constitúe un límite ben definido, denominado bordo; noutros casos hai unha zona intermedia cun cambio gradual dun ecosistema ó seguinte.

A miúdo, tanto o número de especies como a densidade de poboación dalgunhas das especies é maior no ecotón ca nas comunidades que o bordean debido a un efecto de bordo, baseado no empalme dalgunhas poboacións nunha mesma zona polo aproveitamento de nichos ecolóxicos compartidos en dúas comunidades con estruturas moi diferentes.

Desde o punto de vista sistémico é no ecotón onde se produce o maior intercambio de enerxía. Así, o ecotón representa a zona de máxima interacción entre ecosistemas limítrofes. É por este motivo que estes límites adoitan considerarse como zonas de maior riqueza e interese biolóxico.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ecotón.
  2. [1] Ecoloxía E Medio Ambiente. Escrito por Raúl Calixto Flores, Lucila Herrera Reyes, Verónica Daniela Hernández Guzmán. books.google.é

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Odum, Eugene; Gary Barret (2006). Rocío Cabañas Chávez, ed. Fundamentos de Ecología (5ta ed.). Thomson. ISBN 970-686-470-9.