Ecos del Eume foi un semanario editado en Pontedeume entre 1910 e 1918.

Ecos del Eume
LocalidadePontedeume
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 6 de febreiro de 1910. Fundado por Ramón Pena Miró e Rosendo Vilariño Tenreiro, foi dirixido por este último. Os dous fundadores máis Antonio Couceiro Freijomil formaban a redacción. Da parte artística encargarase Antonio Tenreiro Otero. Contou coa colaboración de Manuel Murguía, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Antón Villar Ponte, Amador Rodríguez Guerra e Leopoldo Pedreira Taibo. Estaba en competencia co outro semanario eumés, Breamo. No eido literario, incluíu versos humorísticos en galego do poeta Miguel López Torre. Os textos, de temática variada, ían ilustrados con fotogravados, caricaturas e debuxos. No derradeiro ano de vida, publicou 18 entregas do Folletín: "Pontedeume. Apuntes históricos", de Antonio Couceiro Freijomil. Cesou a súa publicación o 29 de setembro de 1918, co número 449.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar