Economía dos Estados Federados de Micronesia
Economía dos Estados Federados de Micronesia | ||
---|---|---|
Moeda | Dólar americano | |
Datos estatísticos Fonte:CIA Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine. | ||
PIB | US$ 277 millóns (2002) | |
PIB (posición) | 212ª no mundo | |
% de crecemento PIB | 0,3% (2002) | |
PIB per cápita | US$ 2300 (2002) | |
PIB por sector | agricultura 28,9%, industria 15,2%, comercio e servizos 55,9% (2004) | |
Inflación anual | 2,2% | |
Poboación abaixo da liña da pobreza | Dato non dispoñíbel | |
Total da forza de traballo | 37 410 | |
% traballadores por sector | agricultura 0,9%, industria 34,4%, comercio e servizos 64,7% (2000) | |
Desemprego | 22% (2000) | |
Parcerías comerciais [1] Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine. | ||
Exportacións (US$) | 14 millóns f.o.b. (2004) | |
Principais mercados | Xapón, Estados Unidos, Guam (2006) | |
Importacións (US$) | 132,7 millóns (2004) | |
Principais parceiros | Estados Unidos, Xapón, Hong Kong (2006) | |
Finanzas públicas [2] Arquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine. | ||
Débeda externa | US$ 60,8 millóns (2005) | |
Receitas (US$) | 127,3 millóns (2005) | |
Despesas (US$) | 144,2 millóns (2005) | |
Axuda económica recibida (US$) | 100 millóns (2002)[1] |
A economía dos Estados Federados de Micronesia consiste principalmente na agricultura e pesca de subsistencia[1]. As illas teñen poucas minerías explotables, agás os fosfatos. Existe potencial para o turismo, pero a localización remota, a falta de instalacións adecuadas e as poucas liñas aéreas que serven o arquipélago dificultan o desenvolvemento[1]. Polos termos orixinais do Pacto de Libre Asociación, os Estados Unidos forneceron con 1,3 mil millóns de dólares en axuda durante o período 1986-2001, despois o nivel de axuda reduciuse[1]. As perspectivas de medio prazo da economía do país parecen fráxiles debido á redución da axuda dos EEUU e tamén debido á actual redución do crecemento do sector privado[1].
Os Estados Federados da Micronesia son un país que non posúe leis sobre patentes[2].
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "CIA - The World Factbook. Páxina consultada o 30 decembro 2008". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2008.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2008.