Economía de Xamaica

Xamaica é o maior produtor mundial de bauxita (mineral de aluminio). Ademais da minería, outras actividades económicas importantes son o turismo e a agricultura tropical, grazas ó seu clima. O comercio e os servizos, incluíndose o turismo, responden polo 60% do PIB.

Economía de Xamaica
Moeda Dólar xamaicano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom, Grupo dos 77
Datos estatísticos[1]
PIB 25,18 mil millóns (2012)
Posición do PIB 122ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 0,9% (2012)
PIB per cápita 9 100 (2012)
PIB por sector agricultura 6,5%, industria 29,9%, comercio e servizos 63,5% (2012)
Inflación 6,8% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.325.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 17%, industria 19%, comercio e servizos 64% (2006)
Desemprego 14,2% (2006)
Industrias turismo, bauxita e alumina, procesamento agrícola, ron, cemento, metais, papel, produtos químicos, telecomunicacións
Parcerías comerciais[1]
Exportacións US$1 718 millóns (2012)
Produtos de exportación aluminio, bauxita, azucre, ron, café, iñame, bebidas, produtos químicos, roupas, combustibles minerais
Principais mercados Estados Unidos 36,8%, Canadá 18,1%, Países Baixos 7,3%, Reino Unido 5,4%, Noruega 4,3% (2011)
Importacións US$ 6 019 millóns (2012)
Principais produtos importados alimentos e outros bens de consumo, suplementos industriais, combustible, pezas e accesorios de bens de capital, máquinas e equipamentos de transportes, materiais de construción
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 14,6 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

O país ten serios problemas de longo prazo: taxas de intereses altas, crecemento da competencia internacional, taxa de cambio inestábel, alto desemprego e subemprego, gran déficit comercial, e unha gran débeda externa para o tamaño da súa economía. Despois dunha estratexia do goberno, a débeda pública caeu a un 133% do PIB en 2004. A inflación reduciuse ó 5,8% en 2006. Pero o alto desemprego persistente fai tamén crecer a violencia do crime organizado movida polo tráfico de drogas.

Notas editar

  1. CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 20 de maio de 2007.  Consultado o 17 de marzo de 2013
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).