Economía de Suriname

A economía de Suriname está dominada pola minería (especialmente do aluminio) que responde por máis dun terzo do Produto interno bruto e restrinxe as rendas do goberno conforme os prezos internacionais do produto. As perspectivas a curto prazo da economía dependen da habilidade do goberno en controlar a inflación e no desenvolvemento de proxectos nos sectores de minería de bauxita e ouro. No medio prazo depende de políticas fiscais e monetarias responsábeis, e na introdución de reformas estruturais para liberar os mercados e promover a competición.

Economía de Suriname
Moeda Dólar de Suriname
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom, UNASUR
Datos estatísticos[1]
PIB 4 274 millóns (2009)
Posición do PIB 163ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -2,2% (2009)
PIB per cápita $ 9.000 (2009)
PIB por sector agricultura 10,8%, industria 24,4%, comercio e servizos 64,8% (2005)
Inflación 6,4% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 165.600 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 8%, industria 14%, comercio e servizos 78% (2004)
Desemprego 9,5% (2004)
Industrias minaría de bauxita e ouro, produción de alumina; petróleo, extracción de madeira, procesamento de alimentos, pesca
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1.391 millóns (2006)
Produtos de exportación alumina, petróleo cru, madeira beneficiada, camarón e peixe, arroz, bananas
Principais mercados Canadá 36,1%, Bélxica 12,5%, Noruega 12,4%, Emiratos Árabes Unidos 8,9%, Estados Unidos 7,7% (2008)
Importacións 1.297 millóns (2006)
Principais produtos importados equipamentos industriais, petróleo, algodón, bens de consumo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 504,3 millóns (2005)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

O país tamén é membro do Caricom, e exporta arroz, camarón, madeira, banana, froitas e vexetais. O goberno non consegue regular a minería do ouro, e esta alimenta a economía informal.

Notas editar