Economía do Senegal

(Redirección desde «Economía de Senegal»)

Logo dunha retracción de 2,1% no crecemento o 1993, en xaneiro de 1994, o Senegal adoptou un profundo programa de reforma económica co apoio da comunidade de doadores internacionais. Esta reforma comezou cunha depreciación de 50% da moeda, o Franco CFA, que se mantiña cunha taxa de cambio fixa en relación ao franco francés. O control gobernamental de prezos e os subsidios foron desmantelados Despois o país sufriu un gran cambio cando o Produto Interior Bruto anual comezou a crecer por encima do 5% entre 1995 e 2004, reducíndose a inflación á metade, desde o 18 ao 8,5 por cento. A economía volveu crecer debido ás reformas económicas, e o país tivo un crecemento sostido de 5% ao ano entre o 1995 e o 2008. A inflación anual caeu a 1 díxito[1].

Economía de Senegal
Moeda Franco CFA da África Occidental
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 22,38 mil millóns (2009)
Posición do PIB 118ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 1,7% (2009)
PIB per cápita $ 1.600 (2009)
PIB por sector agricultura 13,8%, industria 23,3%, comercio e servizos 62,9% (2009)
Inflación 0,8% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 5 578 000 (2009)
Forza de traballo por sector agricultura 77,5%, industria %, comercio e servizos 22,5% (2007)
Desemprego 48% (2007)
Industrias procesamento agrícola e de pesca, minaría de fosfato, produción de fertilizante, refino de petróleo, minaría de ferro, circonio e ouro; materiais de construción, construción e reparo de barcos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1.652 millóns (2009)
Produtos de exportación peixe, cacahuete, derivados de petróleo, fosfato, algodón
Principais mercados Malí 19,2%, India 9,4%, Francia 5,4%, Gambia 5,3%, Italia 4,8% (2008)
Importacións 3.864 millóns (2009)
Principais produtos importados alimentos e bebidas, bens de capital, combustibles
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 2.763 millóns (2009)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Como Membro da Unión Económica e Monetaria do Oeste da África (WAEMU), o Senegal ten traballado pola integración económica rexional cunha tarifa externa única e unha política monetaria máis estábel. No entanto, o país aínda depende de doadores internacionais. Baixo o programa do Fondo Monetario Internacional para a débeda dos países pobres, o Senegal beneficiarase da erradicación de dous terzos das súas débedas bilaterais, multilaterais, e do sector privado. A pesca é o sector principal das exportacións senegalesas. As súas receitas atinxiron US$239 millóns en 2000. A industria pesqueira loita contra os altos custos, e o atún senegalés ten perdido o mercado francés para os competidores asiaticos, máis eficientes. As exportacións de fosfatos, o segundo produto da economía, teñen permanecido estábeis, en torno de US$ 95 millóns anuais.

Moeda: Franco CFA (Communaute Financiere Africaine), dividido en 100 céntimos

Taxa de cambio: En 2006, 1 € = 655.82 XOF (Franco CFA), ou 1 XOF = 0.001525 €

Notas editar