Economía de Noruega

Noruega ten unha economía propia dos países máis desenvolvidos do mundo, onde máis do 60% da man de obra dedícase ao sector de servizos. O país é un dos principais produtores de petróleo e gas natural da Europa, que garanten 22% da riqueza nacional. O país é dotado con ricos recursos naturais - petróleo, enerxía hidroeléctrica, peixes, bosques e minerais - e é altamente dependente da súa produción de óleo e prezos de óleo internacionais; en 1999, o óleo e o gas explicaron 35% das exportacións. Soamente Arabia Saudita e Rusia exportan máis óleo do que Noruega. O fondo petrolífero da Noruega foi estabelecido polo goberno noruegués para garantir que os beneficios da explotación do petróleo sexan preservados para xeracións futuras de noruegueses.

Economía de Noruega
Moeda Coroa norueguesa
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, OCDE, AELC e outros
Datos estatísticos[1]
PIB 278,1 mil millóns (2012)
Posición do PIB 47ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,1% (2012)
PIB per cápita 55 200 (2008)
PIB por sector agricultura 2,4%, industria 40,7%, comercio e servizos 56,8%
Inflación 3,6%% (2008)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 2.645.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 2,9%, industria 21,1%, comercio e servizos 76% (2008)
Desemprego 3,1%% (2012)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 162,7 mil millóns (2012)
Produtos de exportación petróleo e derivados, máquinas e equipamentos, metais, produtos químicos, barcos, peixe
Principais mercados Reino Unido 27,2%, Países Baixos 11,5%, Alemaña 11,1%, Francia 7,1%, Suecia 6,5%, Estados Unidos 5,6% (2011)
Importacións 86,78 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, produtos químicos, metais, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 644,5 mil millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A Noruega optou por permanecer fóra da Unión Europea durante unha conferencia en 1972, e outra vez en novembro de 1994. Non obstante, a Noruega, xunto con Islandia e Liechtenstein, participa da Unión Europea a través do acordo europeo da área económica.

Notas editar

  1. CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar