Economía de Nicaragua

Nicaragua, o país máis pobre da América Central e o segundo máis pobre do hemisferio, ha subemprego e pobreza diseminados. O acordo de libre comercio entre os Estados Unidos e a América Central está en vigor desde 2006 e ampliou as posibilidades de exportación para moitos produtos agrícolas e manufacturados.[1]

Economía de Nicaragua
Moeda Córdoba
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, SICA
Datos estatísticos[1]
PIB 27.97 mil millóns (2013)
Posición do PIB 119ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4.6% (2013)
PIB per cápita 4 500 (2013)
PIB por sector agricultura 17.1%, industria 25.5%, servizos 57.5%
Inflación 5.7% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 3.039.000 (2013)
Forza de traballo por sector agricultura 31%, industria 18%, servizos 50% (2011)
Desemprego 7.2% (2013)
Industrias procesamento de alimentos, produtos químicos, máquinas e produtos de metal, téxtiles, roupas, refino e distribución de petróleo, bebidas, calzados, madeira, partes de automóbiles
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 2 401 millóns (2013)
Produtos de exportación café, carne, camarón e lagosta, tabaco, azucre, ouro, cacahuete; téxtiles e roupas, algodón
Principais mercados Os Estados Unidos 25.2%, Venezuela 16%, o Canadá 13.1%, O Salvador 8.9% e Costa Rica 5% (2013 est.) (2013)
Importacións 5 650 millóns (2013)
Principais produtos importados bens de consumo, máquinas e equipamentos, materias primas, derivados de petróleo
Principais mercados Venezuela 18.8% (2013) (2013)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4 532 millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Managua.

Os téxtiles e o vestiario responden por case 60% das exportacións nicaraguanas, pero os aumentos do salario mínimo durante o goberno Daniel Ortega deberán reducir esta vantaxe comparativa da industria. Ortega promoveu a creación de empreendimentos binacionais administrados polas empresas petrolíferas estatais da Nicaragua e Venezuela. Estas iniciativas, xunto co débil sistema legal, poderán prexudicar o clima para investimentos de empresas locais e estranxeiras nun futuro próximo.[1]

A súa economía é baseada na agricultura (maioritariamente café, algodón, banana). Contén reservas minerais de ouro, cobre, prata e chumbo, ningún deles de relevante importancia. As principais industrias sitúanse na costa occidental.

É un dos países máis pobres do Hemisferio Occidental, e a súa distribución de renda é unha das peores do planeta.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).