Economía de Marrocos

Marrocos pertence ao grupo de países emerxentes, cun sistema económico mixto. Desde o 1993 o goberno seguiu unha política de privatización das empresas públicas, así como da liberalización de moitos sectores da economía.

Economía de Marrocos
Moeda Dirham
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, GAFTA
Datos estatísticos[1]
PIB 153,8 mil millóns (2010)
Posición do PIB 58ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4,2% (2010)
PIB per cápita $ 4.900 (2010)
PIB por sector agricultura 17,1%, industria 31,6%, comercio e servizos 51,4% (2010)
Inflación 2,5% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 11,63 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 44,6%, industria 19,8%, comercio e servizos 35,5% (2006)
Desemprego 9,8% (2010)
Industrias minería e procesamento de fosfato, procesamento de alimentos, artigos de coiro, téxtiles, construción, turismo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 14,49 mil millóns (2010)
Produtos de exportación roupas e téxtiles, compoñentes eléctricos, produtos químicos inorgánicos, transistores, minerais brutos, fertilizantes (incluíndo fosfatos), produtos de petróleo, froitas cítricas, legumes, peixe
Principais mercados España 22,02%, Francia 20,22%, India 4,91%, Italia 4% (2009)
Importacións 34,19 mil millóns (2010)
Principais produtos importados petróleo bruto, tecidos, equipamentos de telecomunicación, trigo, gas natural e electricidade, transistores, plásticos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 22,69 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Aínda que os últimos anos os diversos gobernos seguiron unha política de diversificación económica, a agricultura que só representa o 17% do PIB emprega ao 44% da poboación activa. No 2009 aínda que a crise azoutou a unha parte do mundo, Marrocos conseguiu un crecemento do 5,0%[3] grazas en parte a sobreproteccionismo da banca marroquí e aos bos resultados no sector agrícola.

Os ingresos do país proveñen nun 17,1% da agricultura, o 31,6% da industria e o 51,4% do sector servizos, segundo datos proporcionados no ano 2010[1]. A inflación foi de 2,5 puntos aquel ano e o 15% da poboación vive nunha situación de pobreza. A porcentaxe de poboación activa é do 20% de habitantes.

As políticas económicas de Marrocos trouxeron estabilidade ao país a comezos da década de 1990, pero non diminuíron o desemprego, estimado o 20% nas cidades,[1] a pesar dos esforzos do goberno para diversificar a economía. Os déficits comercial e orzamentario de Marrocos creceron durante o 2010. A redución do gasto do goberno e a adaptación a un crecemento económico reducido en Europa - onde están os seus principais mercados - serán os desafíos do país en 2011. Para o longo prazo, un dos principais desafíos é mellorar a educación e crear oportunidades de emprego para os mozos, ademais de reducir as desigualdades entre ricos e pobres e combater a corrupción[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Africa :: Morocco — The World Factbook - Central Intelligence Agency". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 05 de agosto de 2009. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. "Morocco and the IMF". IMF (en inglés). Consultado o 2019-02-27. 



 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.