Economía de Ghana

A economía de Ghana se fortaleceu grazas a unha sólida xestión durante un cuarto de século, a un ambiente de negocios competitivo e a reducións persistentes nos niveis de pobreza.[1] Ghana é un dos países máis ricos da África tropical, e a súa economía se basea na extracción de recursos naturais e na agricultura. Os principais ítens exportados son o ouro, madeira e cacao. A moeda do país é o Cedi.

Economía de Ghana
Moeda Cedi
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 83,18 mil millóns (2012)
Posición do PIB 79ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 8,2% (2012)
PIB per cápita 3 300 (2012)
PIB por sector agricultura 24,6%, industria 27,4%, comercio e servizos 47,9% (2012)
Inflación 9,1% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 11,67 millóns (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 56%, industria 15%, comercio e servizos 29% (2005)
Desemprego 11% (2000)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 13,58 mil millóns (2012)
Produtos de exportación ouro, cacao, madeira, atún, bauxita, aluminio, manganeso, diamante, hortigranxeiros
Principais mercados Países Baixos 11%, Reino Unido 9%, Francia 6,2%, Estados Unidos 5,9%, Alemaña 4,6%, Bélxica 4,4% (2007)
Importacións 17,52 mil millóns (2012)
Principais produtos importados bens de capital, petróleo, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 11,23 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Agricultura editar

 
Plantación de ananás en Ghana.

A principal fonte de ingresos dos agricultores é o cacao e os seus produtos derivados, que normalmente adoitan consistir en dous terzos da cantía total das exportacións, a madeira, o aceite de palma, o coco e outros produtos de palmeira, o karité, do que se extrae graxa comestible, e o café. Ademais destes produtos tradicionais, Ghana incorporou á súa agricultura novos produtos con éxito, como ananás, anacardio, pementa negra, iñame, mandioca, banana, millo, arroz, cacahuete, feixón e sorgo. Tamén dispón de aves de curral e de carne.

Practícase a minaría — principalmente de ouro, diamantes, manganeso e bauxita— O único pozo petrolífero que había abandonouse tras producir 3.5 millóns de barrís (560 000 m²) durante sete anos, pero hai indicios da presenza de gas natural.

Industria editar

A industria de Ghana está relativamente avanzada se se compara con outros países africanos. As industrias máis importantes son as das áreas dos téxtiles, de aceiro, pneumáticos, a refinaría de petróleo, o moído de fariña, a destilaría, o tabaco, e a montaxe de coches, camións e autobuses.

Servizos editar

O sector de servizos responde por 50% do PIB do país.[1] O turismo pasou a ser unha das fontes de ingresos máis saudables (terceira en 1997); e o goberno de Ghana puxo moito énfase en apoiar o crecemento do turismo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "CIA - The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2020. Consultado o 9 de abril de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).