Economía de Fidxi

Fidxi, dotada de recursos forestais, minerais e pesqueiros, é unha das economías máis desenvolvidas do océano Pacífico, aínda que posúa un vasto sector de subsistencia. As exportacións de azucre, os envíos de diñeiro dos seus cidadáns residentes no estranxeiro e unha crecente industria de turismo - que recibe 400 a 500 mil visitantes por ano - son as principais fontes de divisas externas[1]. O procesado de azucre corresponde a un terzo da actividade industrial, pero nos últimos anos enfrontou varios inconvenientes. Os problemas estruturais do sector inclúen o baixo investimento e os pouco claros dereitos de propiedade sobre a terra. A industria do azucre recibiu un acceso especial á Unión Europea, pero poderá ser afectada pola recente decisión de corte de subsidios por parte da UE[1].

Economía de Fidxi
Moeda Dólar fidxiano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Sparteca
Datos estatísticos[1]
PIB 3 792 millóns (2010)
Posición do PIB 169ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 1,8% (2010)
PIB per cápita $ 4.300 (2010)
PIB por sector agricultura 8,9%, industria 13,5%, comercio e servizos 77,6% (2004)
Inflación 4,8% (2007)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 335.000 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 70%, industria, comercio e servizos 30% (2001)
Desemprego 7,6% (1999)
Industrias turismo, azucre, roupas, copra, ouro, prata, madeira, pequenas industrias domésticas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1 202 millóns (2006)
Produtos de exportación azucre, roupas, ouro, madeira, peixe, xarope de azucre, aceite de coco
Principais mercados Estados Unidos 15,21%, Australia 12,11%, Reino Unido 11,23%, Samoa 5,39%, Tonga 4,74%, Xapón 4,44% (2009)
Importacións 3 120 millóns (2006)
Principais produtos importados manufacturados, máquinas e equipamentos de transporte, derivados de petróleo, alimentos, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 127 millóns (2004)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Os golpes de estado de 1987 e 2000 afectaron severamente a economía, e o crecemento a longo prazo da economía de Fidxi depende en gran medida da súa capacidade para formar unha administración estable e reducir a tensión social. As remesas dos traballadores emigrantes traballando en Kuwait e Iraq aumentaron significativamente a renda per capita.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA - The World Factbook consultado o 7 de marzo 2011
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).