Economía das Maldivas

Economía de Maldivas
Moeda Rufiyaa
Organizacións comerciais de que fai parte OMC
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 1738 millóns (2008)
PIB (posición) 186ª no mundo[2]
% de crecemento PIB 5,7% (2008)
PIB per cápita US$ 5000 (2008)
PIB por sector agricultura 7%, industria 17%, comercio e servizos 76% (2006)
Inflación anual 12,8% (2008)
Poboación abaixo da liña da pobreza 21% (2004)[3]
Total da forza de traballo 128 800 (2006)
% traballadores por sector agricultura 22%, industria 18%, comercio e servizos 60% (1995)
Desemprego 14,4% (2006)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 113 millóns f.o.b. (2008)
Principais produtos exportados peixe
Principais mercados Tailandia 28,3%, Reino Unido 17,6%, Francia 8,8%, Sri Lanka 8,6%, Alxeria 8,2%, Xapón 6,4%, Italia 4,1% (2007)
Importacións (US$) 1 276 millóns (2008)
Principais produtos importados derivados de petróleo, navíos, alimentos, roupas, bens intermediarios e de capital
Principais parceiros Canadá 35,2%, Singapur 15%, Emiratos Árabes Unidos 10,2%, India 7,4%, Malaisia 7,1% (2007)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 477 millóns (2008)
Receitas (US$) 762 millóns
Despesas (US$) 884 millóns (2008)
Ajuda económica recibida (US$) 66,83 millóns (2005)[3]

A economía das Maldivas foi por moitos séculos totalmente dependente da pesca e outros produtos mariños; é por isto que a pesca foi e aínda permanece sendo a principal ocupación da poboación. Este feito significou tamén que o goberno deu unha prioridade especial ao desenvolvemento do sector pesqueiro.

Ademais da pesca, outra actividade que creceu durante os últimos anos é o turismo. O seu desenvolvemento creou directa e indirectamente emprego e xerou oportunidades noutras áreas laborais, como nas industrias. Na actualidade, o turismo é o maior ingreso de moeda estranxeira que percibe o país, contribuíndo cun 28% do PNB e o 60% da renda orixinada do estranxeiro[1]. Con 86 centros turísticos en operación, no ano 2000 alcanzouse a cifra de 467.174 turistas estranxeiros.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "South Asia :: Maldives". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 2020-02-07. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 05 de xuño de 2009. 
  3. 3,0 3,1 http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=195&regionID=6[Ligazón morta]