ECO é un grupo musical de rock galego. A banda formouse en 2003, e o seu estilo mestura hard rock, power metal e rock alternativo. Na súa primeiro encarnación encarnación estivo composta por Roberto Espinosa (voz), Alberto Cereijo (guitarra), Diego P. Castro (baixo) e Tino Mojón (batería). A banda separouse en 2010 e regresou en 2019.

ECO
OrixeGalicia Galicia,
Período2003 - 2010
2019 - presente
Xénero(s)rock, hard rock
Selo(s) discográfico(s)Santo Grial, CD Music
MembrosRoberto Espinosa
Pablo Espido
Maca
Fran Rodríguez
Antigos membrosAlberto Cereijo
Diego P. Castro
Tino Mojón
Na rede
eco-oficial.com
MySpace: rockeco Musicbrainz: 301777b4-bd22-4f21-be61-134c24b71388 Songkick: 295857 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A historia de ECO comezou en 2003, cando Alberto Cereijo, guitarrista de Los Suaves, coñeceu a Roberto Espinosa uníndose a eles Tino Mojón, tamén batería de Los Suaves. En 2007, en plena crise do grupo, Cereijo anunciou que deixaba Los Suaves para centrarse en ECO, aínda que logo se retractaría e compaxinaría o seu traballo nas dúas bandas. Ese mesmo ano publicaron o primeiro álbum de estudio do grupo, Réplica.

En 2010, o líder Roberto Espinosa deixou a banda e esta disolveuse. Porén, en 2019 Espinosa decidiu reformar ECO cunha nova formación composta por Pablo Espido (batería), Maca (baixo) e Fran Rodríguez (guitarra), ademias do propio Espinosa nas voces Un ano ECO despois lanzou o seu segundo álbum de estudio, Los años del silencio.[1]

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
Réplica 2007 Santo Grial
Los años del silencio 2021 CD Music

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. "Entrevista con ECO (con Roberto Espinosa, cantante del grupo)". Redhardnheavy (en castelán). 2021-05-27. Consultado o 2023-11-10.