Echinacea

xénero de plantas

xénero Echinacea

Echinacea purpurea
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Heliantheae
Subtribo: Zinniinae
Xénero: ''Echinacea''
Moench
Especies

Véxase no texto

Echinacea, as equináceas, é un xénero de plantas herbáceas e perennes da familia das asteráceas. A especie Echinacea angustifolia posúe propiedades tónicas e afrodisíacas[1]. Todas as especies son nativas do leste de América do Norte. Comprende 42 especies descritas e destas, só 11 aceptadas[2].

Descrición editar

Son plantas herbáceas, perennes e tolerantes á seca que miden 1 ou 2 m en altura. As follas son de lanceoladas a elípticas, de 10 a 20 centímetros de longo e 1,5–10 cm de largo. Como é característico de toda a familia das Asteráceas, as flores forman unha inflorescencia composta por flores púrpuras (raramente amarelas ou brancas) dispostas en forma de cabeciñas cónicas; xa que o limbo das lígulas exteriores tenden a apuntar cara a abaixo unha vez que a cabeciña da flor abre, formando, deste xeito, un cono.

Propiedades editar

O extracto de equinácea úsase en tratamentos complementarios de infeccións respiratorias, gripes, arrefriado, farinxite, rinite e sinusite.

Os seus constituíntes químicos son o ácido cafeico, ácido chicórico, polialcanos, polisacáridos, tuselaxina, acetato de bornil, alcamídeos, borneol, cariofileno, cinarina, equinacosídeo, isotusilaxina.

As súas propiedades medicinais son antibacterianas, antibióticas, antivirais, antisépticas, antiinflamatorias, antimicrobianas, inmunoestimulantes e fortificantes.

Taxonomía editar

O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 591. 1794.[3]

Etimoloxía editar

O nome do xénero procede do grego echino, que significa "espiñento", por mor ao disco central espiñento da cabeciña floral.

Especies e variedades aceptadas editar

Notas editar

  1. Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  2. 2,0 2,1 "Echinacea". PlantList (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  3. "Echinacea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de agosto de 2012. 

Bibliografía editar

  1. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 8: Asteraceae, part 3. 21: i–xxii + 1–616. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.

Ligazóns externas editar