Ecbatana

Capital dos medos, de verán dos persas aqueménidas, e sede da satrapía de Media

Ecbatana (ou Echbatana) foi a capital do imperio dos medos, capital de verán dos persas aqueménidas, e sede da satrapía de Media durante os períodos aqueménida, parto e sasánida. Está situada nos montes Zagros, e preto dos montes Mosaalla, Tell Hagmatana e sang-e-sar e do río Alushjerd.

Modelo:Xeografía políticaEcbatana
Imaxe
(2009)

Localización
Mapa
 34°48′23″N 48°30′59″L / 34.8065, 48.51625Coordenadas: 34°48′23″N 48°30′59″L / 34.8065, 48.51625
EstadoIrán
ProvinciasHamadã (pt) Traducir
Condado (pt) TraducirHamadan County (en) Traducir
District of Iran (en) TraducirCentral District (en) Traducir
Cidade (pt) TraducirHamadán Editar o valor em Wikidata
Capital de
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data5 de febreiro de 2008
Identificador5272
Patrimonio Nacional de Irán
Identificador28

Ritón dourado de Irán pertencente ao período aqueménida. Escavado en Ecbatana. Atópase no Museo Nacional de Irán. Baixo o dominio dos reis persas, Ecbatana, situado aos pés do Monte Elvend, converteuse nunha residencia de verán. Máis tarde, converteuse na capital dos reis partos.

Etimoloxía editar

Ecbatana pode ser a Amadana mencionada nos anais do emperador asirio Teglath-Phalasar I (-1116-1077) e son os gregos quen lle dan o nome de Ecbatana. Este nome aparece como Agbatana en Esquilo e Agamtanu en Nabódines. Nunha inscrición de Darío I en Behistun, o nome da vila aparece como Hamgmatana, en persa antigo, Ag-ma-da-na en elamita e A-ga-ma-ta-nu en acadio. Habitualmente, interprétase que este nome designa un lugar de reunión: parece que, mesmo antes da formación do estado medo, se celebraban asembleas populares. Heródoto alude a este tipo de reunións sen precisar o lugar.

As fontes asirias non mencionan Hagmatana. Porén, hai unha vila chamada Sagbita, ou Sagbat, que si aparece con frecuencia, o que, no parecer dalgúns especialistas, suxire que Sagbita foi unha forma primitiva da Ecbatana / Hagmatana mencionada nas fontes gregas e aqueménidas. A Sagbita das fontes asirias estaría situada perto das vilas de Kishesim (Kar-Nergal) e Harhar (Kar-Sharrukin). Aparece igualmente mencionada nos Libro de Esdras, Libro de Xudit e Libro de Tobías da Biblia. Existen sete vilas de nome Ecbatana, delas catro están en Persia, o que suxire que este nome designa simplemente unha capital ou vila real. Non hai que confundir a Ecbatana / Hamadán de Irán coa Ecbatana / Hamath de Siria, onde, segundo Heródoto, morreu Cambises II.

Historia editar

Antigamente chamábase Hamgmatana (elamita Agmadana, acadio Agamatanu) que querería dicir "lugar de reunión" (o elamita "terra de medos" sería Halmatana). Os gregos chamárona Ekbatana ou Agbatana e os romanos Ecbatana. Na Biblia menciónase co nome arameo Ahameta. En armenio era Ahamatan ou Hamatan e tamén Ekbatan.

Segundo Heródoto, Ecbatana foi capital dos medos desde aproximadamente o 750 a.C.. Deioces foi escollido rei nesta cidade. A cidade foi capturada por Ciro II, que derrotou a Astiaxes sobre o 549 a.C. e levouse os tesouros a Anshan. A cidade foi declarada capital de verán da dinastía e tiña probabelmente o arquivo real. Plinio o Vello di que a cidade era gobernada polos magi (magos = sacerdotes). Darío I fíxose forte en Ecbatana durante a revolta do pretendente medo Fravartes ou Fraortes e, cando foi capturado, foi levado á cidade e foi mutilado e executado (521 a.C.). Artaxerxes II erixiu unha estatua de Anahita ou Anauhed na cidade, pero tamén noutras grandes cidades do imperio. O palacio real é descrito por Polibio.

Alexandre o Grande entrou en Persia o 331 a.C. e visitou Ecbatana por dúas veces: a primeira o 330 a.C. cando marchou desde Persépole en persecución de Darío III ata Ecbatana, onde capturou o tesouro real; o seu lugartenente Parmenio quedou na cidade para supervisar as comunicacións, pero foi pronto asasinado por orde de Alexandre; o tesouro ficou na cidade. A segunda vez foi o 334 a.C. e naquela ocasión morreu nela o seu íntimo amigo Hefestión. As murallas da cidadela serían demolidas (a cidade non tiña murallas exteriores).

No 328 a.C. Alexandre substituíu a Oxidates, sátrapa de Media, por Atropates, xeneral e probabelmente gobernador tamén de Media. O 320 a.C. na reunión de Triparadiso, Ecbatana e a Media do sur foron doadas ao xeneral Peitón. Un tempo despois Peitón foi executado por Antígono e substituído por Orontobates, que era iraniano (sobre 316 a.C.) pero talvez a sede da satrapía se trasladara a Asadabad, ao oeste do Halvand (Alvand).

No 305 a.C. a cidade foi dominada por Seleuco I Nicátor que a conservou despois do 301 a.C.. Antíoco IV Epifanio (175-164 a.C.) cambioulle o nome a Epifania. Sobre esta época foi nomeado sátrapa Timarco de Mileto, quen se rebelou contra Demetrio I (161-150 a.C.) e emitiu moeda na cidade. Tamén Demetrio I e Alexandre Balas (150-148 a.C.) emitiron moeda nela.

O 149 ou 148 a.C. era sátrapa o grego Cleomenes. Despois desta data, entre 147 e 140 a.C. os partos ocuparon a rexión. Os partos mantiveron Ecbatana como capital de verán. O 130 a.C. a contraofensiva de Antíoco VII parouse en Ecbatana. Desde o 87 a.C. a rexión quedou aberta á influencia de Armenia, a cal durou ata o 69 a.C..

O 226 foi ocupada polos sasánidas xunto con toda a Media e a Atropatene. Parece que foi utilizada como capital de verán, pero faltan as evidencies.

O 642 foi ocupada polos musulmáns e desde entón recibe o nome de Hamadán.