Earl Clark

baloncestista estadounidense

Earl Rashad Clark, nado o 17 de xaneiro de 1988 en Plainfield, Nova Jersey, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto profesional.

Earl Clark
Información persoal
Nacemento 17 de xaneiro de 1988 (36 anos)
Plainfield, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto Rahway (Rahway, New Jersey)
Universidade Louisville (2006–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Phoenix Suns (2009–2010)
Orlando Magic (2010–2012)
Los Angeles Lakers (2012–2013)
Cleveland Cavaliers (2013–2014)
New York Knicks (2014)
Rio Grande Valley Vipers (2014)
Shandong Golden Stars (2014–2015)
Brooklyn Nets (2015)
Bakersfield Jam (2015–2016)
Delaware 87ers (2016)
Henan Shedian Laojiu (2016)
Beşiktaş (2016–2018)
Budućnost (2018–2019)
San Pablo Burgos (2019–2020)

Traxectoria profesional editar

NBA editar

Clark foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Phoenix Suns.[1] Clark foi enviado aos Iowa Energy da NBA Development League o 15 de marzo de 2010, tras facer tan só 2.7 puntos, 1.1 rebotes en 7.6 minutos de xogo en 45 partidos.[2]

O 18 de decembro de 2010, Clark foi traspasado aos Orlando Magic xunto a Jason Richardson e Hedo Türkoğlu a cambio de Vince Carter, Marcin Gortat, Mickaël Piétrus, unha elección de primeira rolda do Draft de 2011 e 3 millóns de dólares.[3]

China editar

En agosto de 2011, asinou un contrato dun ano cos Zhejiang Lions da Chinese Basketball League.[4] Porén, ó seguinte mes deixou o equipo por motivos familiares, e non chegou a disputar ningún partido.[5]

Regreso á NBA editar

O 10 de agosto de 2012, Clark foi traspasado ós Los Angeles Lakers no traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Lakers.[6]

O 12 de xullo de 2013, Clark asinou cos Cleveland Cavaliers.[7] O 20 de febreiro de 2014, os Cavaliers traspasaron a Clark xunto a Henry Sims e dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft ós Philadelphia 76ers a cambio de Spencer Hawes,[8] pero foi cortado ó día seguinte.[9]

O 27 de febreiro de 2014, asinou un contrato de dez días cos New York Knicks.[10] O 10 de marzo de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Knicks.[11]

O 25 de setembro de 2014, Clark asinou cos Memphis Grizzlies.[12]

Notas editar

  1. Coro, Paul (26 de xuño de 2009). - "A new look in the works". - The Arizona Republic.
  2. "Earl Clark sent down to D-League". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2010. Consultado o 25 de xuño de 2011. 
  3. "Magic Receive Turkoglu, Richardson & Clark From Suns". NBA.com. 2010-12-18. Consultado o 2010-12-18. 
  4. "Earl Clark heading to Zhejiang in China". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 29 de agosto de 2011. 
  5. Robbins, Josh (28 de setembro 2011). "Earl Clark returns from China, will be an unrestricted NBA free agent". Orlando Sentinel (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  6. "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA. 2012-08-10. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 2012-08-11. 
  7. Cavaliers Sign Jack and Clark
  8. Sixers Acquire Two Second-Round Picks in 2014 NBA Draft From Cleveland Cavaliers
  9. Sixers Waive Earl Clark
  10. "Knicks Sign Shannon Brown, Earl Clark To 10-Day Contracts". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  11. "Knicks Sign Earl Clark And Shannon Brown To 2nd 10-Day Contracts". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  12. Memphis Grizzlies announce 2014 Training Camp roster

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar