ESO 137-001

galaxia

ESO 137-001 é unha galaxia en espiral barrada [1] situada no cúmulo coñecido como Abell 3627 (Cúmulo de Norma).[3] Como a galaxia se move cara ó centro do grupo, élle extraído o gas frío polo gas quente que emana o grupo, creando así unha cola de 260.000 anos luz de longo.[3] Os datos dispoñibles amosan evidencias de formación de estrelas nestas colas galácticas.[3]

ESO 137-001
Imaxe do Hubble.
Tipo e posición
Época= X.2000[1]
Tipo espiral barrada SBc [1]
Constelación de Triangulum Australe [2]
Ascensión recta 16h 13m 27.305s [1]
Declinación -60° 45′ 50.59″ [1]
Características e dimensións
Tamaño angular 1,23′ × 0,55 [2]
Outras designacións
ESO 137-001 , ESO 137-1 , ESO-LV 137-0010 , LEDA 57532 , PGC 57532

O devir da galaxia editar

Pénsase que a extracción do gas da galaxia ten un efecto significativo sobre a evolución da mesma, a eliminación do gas frío da galaxia, fai decaer moito a formación de novas estrelas no interior galaxia, este fenómeno tamén modifica a aparencia do interior dos brazos en espiral e dos vultos, así mesmo este fenómeno vai desprazando as rexións de formación de estrelas cara a cola (sotavento) da galaxia.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 SIMBAD, "ESO 137-1" (consultado o 27-10-2010)
  2. 2,0 2,1 WikiSky, "PGC 57532" Arquivado 20 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (consultado o 27-10-2010)
  3. 3,0 3,1 3,2 Image of the Day Gallery, "Galaxy Cluster Has Two 'Tails' to Tell", NASA (consultado o 27-10-2012)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar