EAGLE (Easily Applicable Graphical Layout Editor) é un programa de ECAD (CAD para deseño electrónico) deseño de placas PCB, trazado automático de pistas para circuítos electrónicos e CAM. EAGLE é un programa de deseño moi popular entre os afeccionados pola súa licenza freeware e a dispoñibilidade de bibliotecas de compoñentes na web.

EAGLE
Desenvolvedor(es)CadSoft
Última versión6.2.0
(13 de abril de 2012)
Sistema operativoWindows
Linux
Mac OS X
TipoECAD
LicenzaPropietario
freeware
versión evaluable
Sitio webcadsoftusa.com

EAGLE ten un editor de esquemas para o deseño de circuítos. Os compoñentes electrónicos poden ser colocados sobre a placa e conectados con pistas. Os deseños son gardados en formato de capas Gerber e PostScript e formato Excellon Sieb & Meyer para os buratos dos compoñentes das placas. Eses formatos son aceptados por moitas empresas fabricantes de PCB.

Proxectos como Arduino e Wiring empregan este programa no deseño das placas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar