Dygra Films foi un estudio de animación por computadora e multimedia galego, activo entre 1987 e 2012. Dygra Films centraba os seus esforzos en dúas liñas de negocio: produtos de produción propia e servizos a clientes.

Dygra Films
Tipoestudio de animación
Data de fundación1987
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
http://www.dygrafilms.es/index_dygra_ENG.htm
IMDB: co0080840 Facebook: 181071168599783 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fundado na Coruña en 1987 como un estudio de deseño gráfico. Apostou pola creación dun estudio asociado á innovación tecnolóxica e creativa. En 1991 crearon os primeiros interactivos táctiles. Desenvolveron en 1995 as primeiras webs de Unión Fenosa e TVG, e en 1996 crearon un dos primeiros simuladores de xogo, Bicho. Crearon o prototipo “Santi” (percusor do Googlemaps), a primeira película 3D animada en Europa, O bosque animado (2001), o primeiro anuncio en Dixital 3D estereoscópico na historia da publicidade española, (Campaña Movistar 2008-2009) e a primeira película animada en Dixital 3D en España (Holy night! estreada no Nadal do 2010).

En xaneiro de 2012 anunciouse o peche da empresa tras diversos problemas como o non pagar en 7 meses a todos os seus traballadores e non recibir diñeiro por parte da Xunta de Galicia e as televisións.[1]

Longametraxes editar

Notas editar

  1. "La animación en Galicia pierde fuelle", artigo en Faro de Vigo, 29 de xaneiro de 20102 (en castelán).
  2. Ficha en IMDb

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar