Dunvegan (en escocés: Dùn Bheagain) é unha aldea da illa de Skye en Escocia. É famosa polo castelo de Dunvegan, sede do xefe do clan MacLeod. Dunvegan está dentro da parroquia de Duirinish,[1] e a igrexa parroquial de Duirinish está en Dunvegan. En 2011 tiña unha poboación de 386 habitantes.[2]

Nome editar

En The Norse Influence on Gaelic Scotland (1910), George Henderson suxire que o nome Dùn Bheagain deriva do gaélico antigo Dùn Bheccáin ([o] forte de Beccán), sendo Beccán un nome persoal gaélico. Dùn Bheagain non significaría "pequeno forte", xa que sería Dùn Beag en gaélico.

Xeografía editar

 
Castelo de Dunvegan

Dunvegan atópase ás beiras do gran lago Dunvegan, Está situado no cruzamento da A850 e a A863. A estrada B884 tamén ten un cruzamento coa A863, no extremo leste de Dunvegan.[3]

Demografía editar

A poboación permanente de Dunvegan está a diminuír. Non obstante, o número de aloxados na zona durante as vacacións aumentou drasticamente ao longo dos anos desde 2001.

Economía editar

A información turística adoitaba estar situada na rúa de tendas de Lochside, pero agora está de forma estacional na tenda de St Kilda do castelo de Dunvegan. O Giant MacAskill Museum, que celebra a vida de Angus Mòr MacAskill foi creado en 1989 e está xestionado por Peter MacAskill, pai do ciclista de trial Danny MacAskill.[4]

Notas editar

  1. "Dunvegan from The Gazetteer for Scotland". www.scottish-places.info (en inglés). Consultado o 2022-05-10. 
  2. Highland Council 2011 census profile for Settlement Zones
  3. "A863 - Roader's Digest: The SABRE Wiki". www.sabre-roads.org.uk. Consultado o 2022-05-10. 
  4. Danny MacAskill makes a career from defying death (15 February 2009) The Times. Retrieved 28 May 2010.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar