Unha ducia é un conxunto de doce elementos. Hai varias explicacións para agrupamentos en doce, como o sistema de cómputo sumerio, a conveniencia de múltiplos e divisores e a observación da natureza. Son doce os ciclos lunares durante un ano solar. Ducia na lingua popular tamén pode ser usada como expresión para unha cantidade indeterminada.

Unha ducia medida en fraccións.

Historia editar

A ducia era unha das bases numéricas da civilización sumeria, que posuía as bases doce e sesenta. Os sumerios facían o cómputo dos seres utilizando os dedos das mans. Malia seren dez os dedos das mans, o polgar non era utilizado no cómputo, senón para o cómputo: Cada vez que un contador avistaba unha cousa, marcaba a súa cantidade co polgar avanzando por cada falanxe de cada dedo da man, alcanzando polo tanto doce cando completase o cómputo cunha man; sempre que a man dereita completase doce, o contador usaba o polgar da man esquerda para contar cantas veces a man dereita se completaba. Os cinco dedos da man esquerda mais as doce falanxes da man dereita significaban xa que logo sesenta seres contados.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar