Duarte Lobo

compositor portugués

Duarte Lobo, nome latinizado como Eduardus Lupus, nado contra o ano 1565 e finado o 24 de setembro de 1646, foi un compositor portugués da época do Renacemento tardío e Barroco inicial. Foi o máis famoso compositor portugués da súa época. En conxunto con Filipe de Magalhães, Manuel Cardoso, e o Rei D. João IV é considerado un dos músicos da "época dourada" da polifonía portuguesa.

Infotaula de personaDuarte Lobo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1565 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 1646 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Mestre de capela Catedral de Lisboa
1594 –
Mestre de capela Sé Catedral de Évora (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEduardus Lupus
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 15b2df78-6a9a-4aa5-860d-d0d4bdcef05e Discogs: 1802973 IMSLP: Category:Lobo,_Duarte WikiTree: Lobo-69 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sábese pouco da súa vida. Naceu en Alcáçovas ou en Lisboa, e sábese que foi alumno de Manuel Mendes en Évora. O seu primeiro traballo foi o de mestre de capela da catedral de Évora; en 1594 era mestre de capela en Lisboa. Ensinou música no Colégio do Claustro da Sé en Lisboa, onde permaneceu polo menos ata 1639. Máis tarde dirixiu na capital a capela do Seminario de São Bartolomeu. Asinaba as súas obras como Eduardus Lupus.

Aínda que cronoloxicamente a súa vida se sobrepoña á época do Barroco, escribiu, tal como Manuel Cardoso, música esencialmente ao estilo e técnica contrapontística da Renacemento, como a da polifonía de Palestrina, tal como se podería esperar por ter vivido nunha zona illada das innovacións musicais de Italia e Alemaña. Publicou seis libros de música sacra, incluíndo misas, responsorios, antífonas, magnificats e motetes.

A súa música é altamente atractiva, con forza expresiva, tirando partido das características rítmicas e harmónicas do texto latino, en conformidade coas disposicións do Concilio de Trento.

Encóntranse dispersos por diversas cidades (Coímbra, Évora, Vila Viçosa, Valladolid, Sevilla, Munic, Londres e Viena) os exemplares de practicamente todo o que da súa obra se editou en Antuerpen (Plantin, 1602-1639) e en Lisboa (Craesbeck, 1607).

Algunhas obras editar

  • 1603 -Officium Defunctorum.
  • 1605 -Cantica Beatae Virginis (16 Magnificat a catro voces).
  • 1621 -Liber Missarum I.
  • 1639 -Liber Missarum II.