Duško Savanović

baloncestista serbio

Duško Savanović, nado o 5 de setembro de 1983 en Zagreb, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio . Cunha altura de 2,04 metros, xogaba na posición de ala-pivote.

Duško Savanović
Información persoal
Nacemento 5 de setembro de 1983 (40 anos)
Iugoslavia Zagreb, Iugoslavia
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 2,04 m (7 ft 8.25 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Carreira 20032017
Historial de equipos
KK Železnik (2003–2004)
KK Borac Čačak (2005–2006)
KK Železnik (2005–2006)
UNICS Kazan (2006–2008)
CB Sevilla (2008–2010)
Valencia BC (2010–2011)
Anadolu Efes (2011–2014)
Bayern München (2014–2016)
Dinamo Sassari (2016–2017)

Traxectoria profesional editar

Club editar

Savanović xogou as súas tres primeiras tempadas coma profesional en Serbia, dúas tempadas, en dúas etapas diferentes, no KK Železnik, e unha no KK Borac Čačak. Na súa segunda etapa no Železnik, gañou a Liga ABA no ano 2006. O 6 de outubro de 2006, asinou un contrato de dous anos co UNICS Kazan ruso. Tras dúas tempadas en Rusia, Savanović chegou á Liga ACB para xogar primeiro no Cajasol Sevilla, e logo no Power Electronics Valencia, equipo co cal debutou na Euroliga. Na súa primeira tempada na Euroliga, acadou 11.9 puntos e 4.6 rebotes por encontro en 21 partidos.[1] Ó remate da competición, foi elixido no segundo mellor equipo da Euroliga. O 20 de xuño de 2011, Savanović asinou un contrato de tres anos co Anadolu Efes SK turco.[2] O 18 de xullo de 2014, asinou un contrato de dous anos co Bayern München.[3]

Selección editar

Savanović participou coa selección serbia no Mundial da FIBA do ano 2010, onde Serbia perdeu no partido polo bronce contra Lituania por 99-88. Disputou tamén o Eurobasket de 2011, onde Serbia rematou na oitava posición, e Savanović fixo 13.4 puntos e 3.6 rebotes por partido.

Notas editar

  1. "SAVANOVIC, DUSKO". Euroleague. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  2. "EFES PILSEN adds All-Euroleague Savanovic". Euroleague. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  3. "Bayern brings Savanovic on board". Euroleague.net. 18 de xullo de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar