Dryopteris

xénero de plantas

Dryopteris

Fento macho (Dryopteris filix-mas)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida /
 Pteridopsida
Orde: Dryopteridales
Familia: Dryopteridaceae
Xénero: Dryopteris
Adans.
Especies

Véxase no texto

Dryopteris,[1] comunmente chamados fentos macho, é un xénero cunhas 250 especies de fentos que medran en zonas temperadas do hemisferio norte, coa maior diversidade específica no leste de Asia. Moitas das especies teñen fortes rizomas rastreiros que forman unha coroa, cun anel de frondes formando coma un testo. Os soros son arredondados, co indusio peltado. Os estipes teñen escamas prominentes.

A hibridación é un fenómeno ben coñecido neste grupo, con moitas especies formadas deste xeito.

Varias especies medran bravas en Galiza. A máis común o fento macho, mais hai moitas outras con pequenas ou relictas poboacións.

Ecoloxía editar

As especies do xénero Dryopteris serven de alimento para as larvas dalgúns lepidópteros como Batrachedra sophroniella (que se alimenta exclusivamente de D. cyatheoides) ou Sthenopis auratus.

Cultivo e usos editar

 
D. goldiana

Moitas das especies de Dryopteris úsanse moito en xardinaxe coma plantas ornamentais, especialmente D. affinis, D. erythrosora e o fento macho (D. filix-mas), con numerosos cultivares.

O fento macho (Dryopteris filix-mas) foi moi usado durante séculos até hai ben pouco coma vermífugo, sendo o único fento que aparece na farmacopoea estadounidense.

Taxonomía editar

O xénero foi descrita por Michel Adanson e publicado en Familles des Plantes 2: 20. 1763.[2] A especie tipo é: Dryopteris filix-mas (fento macho común)

Etimoloxía

Dryopteris: nome xenérico que deriva do grego dryopterís = nome dun fento. En Dioscórides, de fento (gr. pterís) que nace sobre dos carballos (gr. drys)]

Especies editar

Especies en Galiza editar

Listaxe xeral de especies editar

Notas editar

  1. Sunset Western Garden Book, 1995:606–607
  2. "Dryopteris". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 17 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar