Dryas iulia

especie de insecto
Bolboreta flama
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Sección: Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Xénero: ''Dryas''
Hübner, 1807
Especie: ''D. iulia''

A bolboreta flama (Dryas iulia) é unha especie de lepidóptero pertencente á familia Nymphalidae. É o único membro do xénero Dryas e ten catorce subespecies.

Descrición editar

As súas ás teñen unha forma alongada e cor alaranxada con estreitas marxes negras. As femias teñen un ton máis escuro que os machos. Os ovos son de cor amarela-limón.[1] En estado larval despide substancias químicas tóxicas para as súas predadores. A eiruga desenvólvese sobre especies de Passiflora.

Distribúese desde o sur dos Estados Unidos até o Paraguai.

Imaxes editar

Subespecies editar

  • Dryas iulia iulia - Descrita por Fabricius en 1775, de exemplar proveniente de Porto Rico.
  • Dryas iulia fucatus - Descrita por Boddaert en 1783, de exemplar proveniente da República Dominicana.
  • Dryas iulia delila - Descrita por Fabricius en 1775, de exemplar proveniente de Xamaica.
  • Dryas iulia alcionea - Descrita por Cramer en 1779, de exemplar proveniente do Suriname.
  • Dryas iulia dominicana - Descrita por Hall en 1917, de exemplar proveniente da Dominica.
  • Dryas iulia framptoni - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de San Vicente e as Granadinas.
  • Dryas iulia lucia - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de Santa Lucía.
  • Dryas iulia carteri - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente das Bahamas.
  • Dryas iulia moderata - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de Honduras.
  • Dryas iulia nudeola - Descrita por Bates en 1934, de exemplar proveniente de Cuba.
  • Dryas iulia warneri - Descrita por Hall en 1936, de exemplar proveniente de Saint Kitts e Nevis.
  • Dryas iulia martinica - Descrita por Enrico & Pinchon en 1969, de exemplar proveniente da Martinica.
  • Dryas iulia largo - Descrita por Clench en 1975, de exemplar proveniente da Florida (Estados Unidos).
  • Dryas iulia zoe - Descrita por Miller & Steinhauser en 1992, de exemplar proveniente das illas Caimán.

Notas editar

  1. Scott 1992, p. 339.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar