Os drusos (en árabe: duruzi دروزي, plural: duruzدروز ; en hebreo: druzi דרוזי, pl. druzim דרוזים) son unha minoría relixiosa que habita, principalmente, no Líbano, Israel, Siria, e Xordania. Así mesmo, existen pequenas comunidades de emigrantes drusos nos Estados Unidos, Canadá, América do Sur, Australia, e Europa. Falan o árabe e seguen patróns sociais moi similares aos dos árabes de Oriente Próximo. A maioría dos musulmáns da rexión non os consideran musulmáns, aínda que eles defenden que a súa relixión é o islam. A maior parte dos drusos considérase árabe, aínda que algúns drusos israelís non. Existen ao redor dun millón de drusos no mundo, a meirande parte no Oriente Próximo.

Estrela drusa.

Características editar

En Israel os drusos israelís serven no exército, de forma voluntaria desde 1948, e de forma obrigatoria desde 1956. Os seus privilexios e responsabilidades son as mesmas que as dos xudeus israelís, polo que todos son recrutados, aínda que se lles conceden excepcións aos estudantes relixiosos e por outras razóns.

Os drusos chámanse a si mesmos Ahl al-Tawhid ("xentes dun só Deus"), polo que se consideran monoteístas. Discútese cal é a orixe do nome «druso», que se adoita atribuír ao ismaelita Muhammad al-Darazi, morto en 1021, un dos primeiros profetas da seita, considerado un herexe polos drusos actuais.

A relixión, monoteísta e desenvolvida no século X, acepta a lexitimidade dos profetas das tradicións grega, xudeu-cristiá e islámica, incorpora elementos gnósticos e, segundo algunhas fontes,[quen?] cren na reencarnación. Os drusos manteñen en segredo boa parte dos detalles da súa fe (practicando a taqiyya, tomada do islam xiíta), non aceptan conversións e desaconsellan firmemente o paso dunha relixión a outra. Isto débese en parte a motivos históricos; os drusos foron violentamente perseguidos durante séculos por outras comunidades relixiosas.

Os drusos cren na unidade de Deus. Son monoteístas e a súa teoloxía ten unha visión neoplatónica sobre como interacciona Deus co mundo similar ao gnosticismo e a outras seitas esotéricas. Porén, en contra do que se pensa, non están influídos pola filosofía sufí.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar