Dover (banda)

grupo español de música

Dover foi un grupo español de rock alternativo, fundado en Madrid en 1992. As súas letras estaban escritas principalmente en inglés. O grupo, que se disolveu en 2016[1], estaba formado polas irmás Cristina (vocalista) e Amparo Llanos (guitarrista principal), o batería Jesús Antúnez e o baixista Samuel Titos. Publicaron oito discos que superaron os dous millóns de copias vendidas. Quizais o máis destacado é o seu segundo álbum, Devil Came to Me, que lles deu fama internacional.

Dover
OrixeMadrid, España
Período1990–2016
Xénero(s)Rock, grunge, punk rock, electropop, pop rock
Selo(s) discográfico(s)Chrysalis
Loli Jackson
Sony Music
MembrosAmparo Llanos: guitarrista principal
Cristina Llanos: vocalista
Jesús Antúnez: batería
Samuel Titos: baixo
Antigos membrosÁlvaro Gómez
Álvaro Díez
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm3447557 Facebook: Dover Twitter: dover_oficial MySpace: doverspace Youtube: UCfvJrOcPIP-JeVLa0BIpKrA Spotify: 5kdLOinhQnlSk4su7U6lyW Last fm: Dover Musicbrainz: 74508b04-b376-4f38-966c-f16d53eab3de Songkick: 387099 Discogs: 69955 Allmusic: mn0000203829 Deezer: 4164 Editar o valor em Wikidata

O seu sexto álbum, Follow the city lights, provocou polémica entre as e os seus seguidores, pois o estilo do grupo pasou do rock alternativo ao pop electrónico. A banda tamén gañou, entre outros, os premios a grupo revelación nos Premios Ondas de 1997[2] e mellor artista español nos Premios MTV Europa de 2000.[3]

Membros editar

Última formación editar

  • Cristina Llanos – cantante e guitarrista (1992-2016)
  • Amparo Llanos – guitarrista (1992-2016)
  • Jesús Antúnez – batería (1992-2016)
  • Samuel Titos – baixista (2005-2016)

Membros anteriores editar

  • Álvaro Díez – baixista (desde 1992 a 1995 e desde 1997 até 2005)
  • Álvaro Gómez – baixista (dende 1995 até 1997)
  • Daniel Palacios – guitarrista (finais dos 90)
  • Jordi Bacás – Batería

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Recompilatorios editar

  • 2 (2007)

Notas editar

  1. Alonso, Sebas E. (26 de novembro de 2016). "Amparo Llanos confirma la separación de Dover". jenesaispop.com (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  2. "Premios Ondas 1997". premiosondas.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  3. EFE (17 de novembro de 2000). "Madonna, Eminen, y el grupo español Dover triunfan en los premios MTV". elpais.com (en castelán). El País. Consultado o 3 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar