Zoidberg

(Redirección desde «Doutor Zoidberg»)

Doutor John A. Zoidberg, tamén coñecido simplemente como Zoidberg, é un personaxe ficticio de Futurama, unha serie de animación para televisión creada por Matt Groening e David X. Cohen. Na versión orixinal a súa voz pona Billy West.

Historia editar

É un extraterrestre semellante a unha lagosta. É un médico procedente do planeta Decapod 10. Autoproclámase experto en humanos a pesar de que os seus coñecementos de anatomía humana son máis ben limitados. Proporciona coidados médicos incompetentes á tripulación do Planet Express.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar