Dorothy Hill

xeóloga e paleontóloga australiana

Dorothy Hill, nada en Brisbane o 10 de setembro de 1907 e finada o 23 de abril de 1997, foi unha xeóloga, zoóloga, paleontóloga australiana.[1] Foi a primeira muller profesora nunha universidade australiana, e a única muller presidenta da Academia Australiana de Ciencias,[2] ata que Suzanne Cory ocupou dito cargo entre 2010 e 2014.[3]

Infotaula de personaDorothy Hill

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Brisbane, Australia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1997 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Brisbane, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCambridge (1930–1936) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Queensland (pt) Traducir (1924–1928)
Brisbane Girls Grammar School (en) Traducir (1920–1924)
Universidade de Cambridge - Doutor en filosofía
Coorparoo State School (en) Traducir
Newnham College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseGertrude Elles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeóloga , paleontóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Queensland (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Premios

Traxectoria editar

Dorothy Hill non puido entrar na facultade de medicina na Universidade de Queensland como ela quería pero, grazas a unha bolsa, estudou química e continuou, por consello do seu profesor Henry Caselli Richards (1884-1947), en xeoloxía. Licenciouse en 1928 e recibiu un primeiro premio académico e a medalla de ouro da universidade ao mérito destacado. Obtén unha bolsa para estudar no Sedgwick Museum of Earth Sciences de Cambridge .

Dorothy Hill obtivo o seu doutoramento en Cambridge en 1932 sobre os corais da Escocia Carbonífera. Estivo en Inglaterra durante sete anos, editando varios artigos importantes sobre os Rugosa.[4] De volta en Australia, estudou as capas estratigráficas e os corais do sur de Australia. O seu traballo sobre corais paleozoicos considérase un estándar.[Cómpre referencia]

Durante a segunda guerra mundial, Hill alistouse no Women's Royal Australian Naval Service.

En 1956, converteuse en membro da Academia Australiana de Ciencias, vicepresidenta en 1969 e a primeira presidenta desde 1970, despois da morte de David Forbes Martyn (1906-1970).

Hill publicou máis de 100 artigos de investigación en revistas e libros australianos e internacionais. En 1978, Hill completou a Bibliografía e Índice completos de Coral Paleozoico Australiano.

Foi condecorada Compañeira da Orde de Australia e Comandante da Orde do Imperio Británico, foi Fellow da Royal Society e recibiu a Medalla Clarke en 1966.

Deuselle o seu nome á Acanthastrea hillae, a Australomya hillae,​ a Filiconcha hillae​ e a Reticulofenestra hillae.

Notas editar

  1. Centre, The University of Melbourne eScholarship Research. "Hill, Dorothy - Biographical entry - Encyclopedia of Australian Science". www.eoas.info (en inglés). Consultado o 2021-12-17. 
  2. "Dorothy Hill 1907-1997 | Australian Academy of Science". www.science.org.au (en inglés). Consultado o 2021-12-17. 
  3. "Academy welcomes new President | Australian Academy of Science". www.science.org.au (en inglés). Consultado o 2021-12-17. 
  4. Oakes, Elizabeth H. (2002). International encyclopedia of women scientists. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-4381-7. OCLC 45835614. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rosa María Mateos, Ana Ruiz Constán (2021). Geas: Mujeres que Estudian la Tierra. Asociación de Servicios de Geología y Minería Iberoamericanos, Federación Europea de Geólogos, 2021. ISBN: 978-84-09-30001-3

Ligazóns externas editar