Donkey Kong Land 2

Donkey Kong Land 2 é un xogo da Game Boy estreado en 1996. É a secuela do xogo de 1995 Donkey Kong Land. O xogo tivo unha continuación en Donkey Kong Land III, lanzado en 1997. Este xogo foi producido por Rareware e publicado por Nintendo, e foi mellorado para Super Game Boy con diferentes tons de cor, así como un bordo de bananas nas pantallas de televisión. Donkey Kong Land 2 recibiu unha valoración de 79% en GameRankings.[2]

Donkey Kong Land 2
Desenvolvedor(es)Rare
Distribuidora(s)Nintendo
Deseñador(es)Lee Schuneman
Compositor(es)Grant Kirkhope
Lanzamento 1 de setembro de 1996[1]
Xapón 23 de novembro de 1996
Europa 1997
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Game Boy
SerieDonkey Kong
Na rede
https://www.nintendo.co.jp/n02/dmg/addj/
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Donkey Kong Land 2 foi en moitos sentidos un remake do éxito de SNES Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. Os protagonistas son Diddy Kong e Dixie Kong, que deben rescatar a Donkey Kong do Kaptain K. Rool e da súa tripulación Kremling.

Sinopse editar

Donkey Kong Land 2 ten o mesmo argumento que Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. O manual contén unha versión simplificada da versión da SNES. K. Rool secuestrou a Donkey Kong que está preso na "Crocodile Isle", e tanto Diddy coma Dixie deben salvalo.

Notas editar

  1. "Nintendo - Customer Service / Game List". Consultado o 2009-08-10. 
  2. "Donkey Kong Land 2 review on GameRankings". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar