Donald James Cram

químico estadounidense


Donald James Cram, nado o 22 de abril de 1919 en Chester (Vermont, Estados Unidos) e finado o 17 de xuño de 2001 en Palm Desert (California)[1], foi un químico e profesor universitario estadounidense que compartiu o Premio Nobel de Química de 1987 por "sintetizar moléculas tridimensionales que poden mimetizar o funcionamento das molécular naturais". Tamén gañou o Premio da Academia Nacional Estadounidense de Ciencias na área de ciencias químicas.

Infotaula de personaDonald James Cram
Nome orixinal(en) Donald J. Cram Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1919
Chester, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 2001
Palm Desert (California)
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
Educación
  • Rollins College
  • Universidade de Nebraska
  • Director de teseLouis Fieser (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Coñecido por
  • Indución asimétrica
  • Ciclofano
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Ocupaciónquímico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    Influencias
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoFrederick Hawthorne (pt) Traducir e Fred Wudl Editar o valor em Wikidata
    Premios
  • Premio Nobel de Química (1987)
  • National Medal of Science
  • Bolsa de estudos Guggenheim (1955)

  • Find a Grave: 97728194 Editar o valor em Wikidata

    Traxectoria editar

    Cram educouse no Rollins College, Florida e na Universidade de Nebraska onde se licenciou en 1942 e recibiu o seu doutoramento en química orgánica da Universidade Harvard en 1947. Empezou a dar clase na Universidade de California en 1947 e pasou a ser profesor a tempo completo en 1956. En 1956 obtivo a cátedra de química na Universidade de Los Ángeles.

    Campo de estudo editar

    Cram expandiu, baseándose no traballo de Charles J. Pedersen, o campo da síntese dos éteres de coroa, compostos bidimensionais orgánicos capaces de recoñecer e combinarse selectivamente cos ións de certos elementos metálicos. Sintetizou moléculas que transformaban a súa química en tridimensional, creando un abanico de moléculas de diferentes formas que podían interactuar selectivamente con outros elementos químicos por mor das súas estruturas tridimensionais complementarias. A súa obra representou un gran paso cara á síntese de encimas en laboratorios e outras moléculas naturais cuxo especial comportamento químico é debido á súa estrutura característica. Tamén traballou no campo da estereoquímica e nomeouse á Regra de Cram da indución asimétrica na súa honra.

    Como profesor editar

    Ademais de investigador, Cram foi tamén un popular profesor que instruíu a preto de 8.000 estudantes e guiou a obra académica doutros 200 estudantes graduados. Durante as clases tocaba a guitarra e cantaba cancións folk.[2] tamén afacía rirse de si mesmo:

    Un investigador empeza investigando nun novo campo con fe, unha idea confusa e uns poucos experimentos aloucados. Finalmente a relación entre os resultados negativos e positivos é a que guía o traballo. Para cando a investigación acabouse, el ou ela saben como deberían de empezar e procedido.

    Notas editar

    1. "Science Blog - UCLA News". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 01 de febreiro de 2011. 
    2. UCLA news release do 19 de xuño de 2001, en [1] Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine..

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Dudley R. Herschbach,
    Yuan T. Lee
    e
    John Charles Polanyi
    Premio Nobel de Química
     

    1987
    con
    Jean-Marie Lehn e Charles J. Pedersen
    Sucesor:
    Johann Deisenhofer,
    Robert Huber
    e
    Hartmut Michel