Don Davis

compositor estadounidense

Donald Davis Romain, nado o 4 de febreiro de 1957 en Anaheim (California), é un compositor estadounidense de música para películas e director de orquestra. É máis coñecido polo seu traballo nos filmes da serie Matrix (The Matrix, The Matrix Reloaded e The Matrix Revolutions) e traballou nunha gran variedade de películas desde terror a comedia.

Infotaula de personaDon Davis
Biografía
Nacemento(en) Donald Romain Davis Editar o valor em Wikidata
4 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Anaheim, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
UCLA Herb Alpert School of Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , compositor de bandas sonoras Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
InstrumentoSintetizador Editar o valor em Wikidata

Páxina webdondavis.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0204485 Spotify: 3eCpCUtYdBCM1twAb4mk8I iTunes: 723399306 Musicbrainz: 9d2dfa19-26a9-47ec-a45c-c354ae54b9cf Songkick: 550545 Discogs: 592994 Deezer: 1530 Editar o valor em Wikidata

As súas partituras caracterízanse pola súa atonalidade e estilo vangardista, con influencias de obras politonais minimalistas, como as de John Adams, como o uso das técnicas do compositor Witold Lutosławski.

Primeiros pasos editar

Davis naceu en Anaheim (California). Tivo especial interese na música desde moi pequeno, aprendendo a tocar a trompeta con 9 anos e escribindo pezas curtas con 12.

Nas primeiras etapas da súa vida, empezou a interesarse principalmente en xéneros como o jazz e o rock. Tras graduarse no instituto, Davis matriculouse na Universidade de California de Los Ángeles (UCLA), especializándose en teoría musical e composición ao mesmo tempo que exercía de trompetista en bandas de jazz universitarias así como en diversas orquestras. Continuou os seus estudos de composición musical co profesor Henri Lazarof. Ademais, tamén aprendeu dirección de orquestra da man de Albert Harris. Durante a aprendizaxe con Harris, este presentoulle o compositor Joe Harnell, o cal axudou a Davis na busca do seu primeiro traballo. O seu debut como profesional foi en Hart to Hart, unha serie de televisión baseada na película de 1930, The Thin Man. Tamén traballou como compositor xunto a Michael Kamen na película Die Hard 2.

Cine e televisión editar

Davis escribiu obras para numerosas das series de televisión até 1995 en Estados Unidos. Ese mesmo ano escribiu algunhas pezas da película animada de Disney A Goofy Movie. Seguiu creando pezas para series de televisión até que dous directores novos, os irmáns Wachowski, o contrataron para traballar na película de cine negro, Bound, que obtivo bastante éxito de portelo. Bound foi a película que levou a Davis a converterse no compositor de toda a triloxía Matrix. Posteriormente, Davis compuxo partituras para películas como Jurassic Park III (recomendado por John Williams, compositor das anteriores), House on Haunted Hill e Behind Enemy Lines.

Películas editar

Televisión editar