Domingos Merino

político galego

Domingos Rafael Merino Mexuto, nado na Coruña o 21 de xuño de 1939 e finado o 31 de xaneiro de 2018[1], foi un político galego. Foi o primeiro alcalde que tivo a cidade da Coruña trala aprobación da constitución de 1978. Tamén foi deputado no Parlamento galego na 3ª, 5ª e 6ª lexislatura.

Domingos Rafael Merino Mexuto

14 de setembro de 1999 – 26 de abril de 2005

1 de outubro de 1991 – 24 de agosto de 1993


Alcalde da Coruña
3 de abril de 1979 – Marzo de 1981
Precedido por Berta Tapia
Sucedido por Joaquín López Menéndez

Datos persoais
Nacemento 21 de xuño de 1939 A Coruña, Galicia
Falecemento 31 de xaneiro de 2018 (78 anos)
Partido Unidade Galega, PSG-EG, Bloque Nacionalista Galego

Traxectoria editar

Nos anos 70 comezou a súa carreira política no PSG, encabezando a lista coruñesa da coalición Unidade Galega para as eleccións municipais do 3 de abril de 1979. UG obtivo 5 concelleiros, un menos que o PSdeG-PSOE, mais é elixido alcalde a cambio do apoio de UG aos candidatos socialistas en Vigo e Ferrol.

Mantívose neste posto até marzo de 1981, cando voluntariamente decide someterse a unha moción de confianza que non chegou a prosperar, e pasa a alcaldía a mans da UCD, o 1 de abril. Trala integración de UG no BNG e posterior abandono en 1983, o PSG desintégrase: nace así o Colectivo Socialista Galego, que participará na Asemblea de Riazor que constituíu o BNG, mentres que Domingos Merino e Claudio López Garrido pasarán a liderar o PSG, que se fusionará en 1984 con Esquerda Galega para dar lugar ao PSG-EG. Chegou a ser secretario xeral deste partido e deputado no parlamento galego na terceira lexislatura dende outubro de 1991.

A principios dos 90 impúlsase, en parte dende o PSG-EG, unha nova formación tamén co nome Unidade Galega, e tralos malos resultados nas eleccións xerais e autonómicas de 1993, Merino intégrase xunto con esta formación no BNG. Polo BNG foi de novo deputado no parlamento galego na quinta e na sexta lexislatura.

En 2005 fíxose cargo da vicevaledoría do Pobo, a proposta do BNG, cargo ao que renunciou en 2012 por motivos de saúde.[2]

Fóra da política, Merino foi coñecido pola súa actividade no xadrez. Foi tres veces campión galego e finalista no campionato de España.[3][4] A súa clasificación na FIDE foi 2266.[5]

Recoñecementos editar

O 29 de abril de 2014 organizouse unha homenaxe cidadá na cidade da Coruña ó cumprirse os 35 anos dende que fora elixido alcalde.[6]

En 2018 filmouse o documental Domingos Merino: Outra Coruña Posible.[7]

Na súa honra, o Concello de Sada, no ano 2022, nomeou un torneo de xadrez como "Open internacional de xadrez Concello de Sada Memorial Domingos Merino".[8]

Predecesor:
Berta Tapia
  
Alcalde da Coruña
 
1979 – 1981
Sucesor:
Joaquín López Menéndez

Notas editar

  1. Morre Domingos Merino, primeiro alcalde nacionalista da Coruña Arquivado 01 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza o 31 de xaneiro de 2018.
  2. "El exalcalde coruñés Domingos Merino dimite como vicevaledor do Pobo por motivos de salud"
  3. Bautista, Consuelo (1 de febreiro de 2018). "Nuestro agradecimiento a Domingos Merino" [Our thanks to Domingos Merino] (en castelán). Cadena SER. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  4. "Jaque mate por párkinson" [Checkmate by Parkinson's]. La Opinión de A Coruña (en castelán). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  5. "Merino Mejuto, Domingo". Federación Internacional de Xadrez. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  6. Domingos Merino, A Coruña que puido ser, nova en Praza Pública
  7. Pérez Pena, Marcos (6 de agosto de 2018). ""Falar de Domingos Merino é falar desa outra Coruña que sempre existiu fronte á oficial"". Praza Pública. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  8. V, M. (2022-08-24). "Sada homenaxea ao exalcalde coruñés Domingos Merino cun Open Internacional". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2022-08-24. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar