Domingo Villar Torres

guerrilleiro antifranquista galego

Domingo Villar Torres, coñecido como Domingo de Cancela, nado en San Martiño de Condes (Friol) o 17 de xuño de 1913 e finado en Ferrol o 20 de marzo de 2006, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaDomingo Villar Torres
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1913 Editar o valor em Wikidata
San Martiño de Condes, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de marzo de 2006 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos catorce anos emigrou a Matarrosa del Sil (O Bierzo) para traballar nas minas de carbón. Afiliouse a UGT e ao PSOE en 1931. Foi despedido do traballo por participar na folga xeral revolucionaria de 1934. Coa vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi readmitido na mina e incorporouse ao seu antigo posto de traballo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Batallón Máximo Gorki, e resultou ferido nun enfrontamento co exército franquista en Grau. Foi ingresado no Hospital de Mieres e unha vez curado, enviárono a Covadonga. Reincorporouse á fronte, e participou na defensa de Bilbao, chegando ata Gernika-Lumo. Ao caer a fronte de Asturias, o 21 de outubro de 1937, tratou de chegar a Galicia con once compañeiros, pero foron feitos prisioneiros. Foi internado na prisión de San Marcos (León), xulgado e sentenciado a pena de morte, logo conmutada por 30 anos de prisión. Ingresou no penal de Burgos, onde permaneceu preto de tres anos. En 1941 foi enviado a redimir penas a unha explotación mineira de Fabeiro de onde fuxiu con Gerardo Canedo Fernández e Amadeo Ramón Valledor na noiteboa de 1942. Na fuxida perderon o camiño e deron con outro grupo de fuxidos liderado por Amadeo Serafin Fernández Ramón "Santeiro", co que permaneceron até integrarse no grupo de Marcelino Fernández Villanueva. Membro activo da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa.

Vida persoal editar

Casou en Lión con Luisa Pilar Escartín Abadía o 12 de outubro de 1968, coa que se estableceu no Seixo (Mugardos) uns anos despois do final da ditadura de Franco. Luisa morreu en Mugardos o 27 de decembro de 2002.[1] Os derradeiros anos da súa vida pasounos en Viveiro. Finou en Ferrol o 20 de marzo de 2006.[2] As súas cinzas foron depositadas no mar do Vicedo.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Ferrol, 28-12-2002, p. 8.
  2. La Voz de Galicia, 21-3-2006, p. 53.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 140. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar