Subdivisións de Escocia

(Redirección desde «Divisións de Escocia»)

A división administrativa de Escocia é moi complexa, conforme os distintos criterios históricos e o tipo de administración concernida. Estas son algunhas das principais:

Mapa administrativo Escocia de 2009

Historia editar

Tradicionalmente, os burgos (burghs) foron a unidade clave do goberno local de Escocia, sendo entidades altamente autónomos, con dereitos de representación no antigo Parlamento de Escocia. Mesmo despois das Actas de Unión de 1707, os burgos continuaron sendo a subdivisión principal. Até 1889 a administración foi baseada nos burgh e as parroquias.[1]

Século XIX editar

Os anos seguintes a 1889 viron a introdución dunha xerarquía de administración do goberno local que comprendía condados, condados de cidades, grandes burghs e pequenos burghs.

Séculos XX e XXI editar

Con efecto desde o 16 de maio de 1975 e até o 31 de marzo de 1996, as divisións do goberno local de Escocia consistían nun nivel superior de rexións, cada unha contendo un nivel inferior de distritos agás as áreas do consello insular dun único nivel. Desde 1996 só existe un único nivel de goberno, e as áreas dos antigos concellos insulares teñen o mesmo estatuto que os demais concellos.

Notas editar

  1. "Counties and Burghs". National Records of Scotland (en inglés). 2013-05-31. Consultado o 2022-08-21.