División de Honra de Rugby 2022-2023

A tempada 2022-2023 da División de Honra da liga nacional de rugby é a 56ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.

División de Honra de Rugby
Fundación1952
RexiónEspaña España
Equipos13
OrganizadorFER
Sitio webwww.ferugby.es

Formato de competición editar

A liga está formada por trece equipos en lugar dos doce habituais. Na pasada edición La Vila e Gernika remataron na penúltima e última posición, pero o Alcobendas foi condenado a descender por aliñar repetidamente a un xogador como seleccionable cando no o era. Esta circunstancia afectou a La Vila que quedou exento da promoción. Nun inicio o Gernika tiña que descender, pero reclamaron que a redución de puntos por sanción de Alcobendas significaba que pasaban a ocupar a última posición e, polo tanto, o Gernika debería ter dereito a defender a súa praza na máxima categoría nunha eliminatoria contra o subcampión da División de Honra B, o Belenos. O Belenos xa recibira a confirmación de que tiña unha praza na máxima categoría co descenso de Alcobendas, cando quedou exento da disputa da promoción contra La Vila. A Federación Española de Rugby decidiu que o máis xusto era conceder un lugar na máxima categoría tanto ó Gernika coma ó Belenos, pasando así a División de Honra de doce a trece equipos.

A primeira fase do torneo consiste nunha liga a unha volta na que cada equipo xoga doce encontros, un contra cada equipo rival. Esta fase consta de trece xornadas. En cada xornada se disputan seis encontros e hai un equipo que descansa. Cando remate esta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa pasarán á segunda fase dentro do Grupo A, e os sete últimos equipos da táboa pasarán á segunda fase dentro do Grupo B.

Os seis equipos do Grupo A serán tamén os seis equipos que participarán na edición 2023 da Copa do Rei.

Sistema de puntuación editar

  • Cada vitoria suma 4 puntos.
  • Cada empate suma 2 puntos.
  • O equipo que gaña o encontro anotando 3 ensaios ou máis que o rival acada un punto bonus.
  • O equipo que perde o encontro por unha diferenza de 7 tantos ou menos acada un punto bonus.

Criterio de desempate editar

No caso de que dous ou máis equipos estean empatados a puntos cando remate a primeira fase, os criterios de desempate serán os seguintes:

  • 1º - Maior número de partidos gañados
  • 2º - Maior diferenza entre tantos anotados e tantos encaixados

Primeira fase editar

A primeira fase da División de Honra comezou o 1 de outubro de 2022 e rematará o 19 de febreiro de 2023. Contará con trece xornadas de competición nas que cada equipo xogará doce encontros e terá un día de descanso. Cando remate a primeira fase todos os equipos terán xogado unha vez contra os seus doce rivais. Esta primeira fase servirá para separar os seis equipos que disputarán a Copa do Rei dos sete equipos que competirán pola permanencia na segunda fase.

Táboa editar

Equipo Puntos PX PG PE PP
1   VRAC 53 12 11 0 1
2   CR Ciencias 49 12 10 0 2
3   CD Aparejadores 47 12 10 0 2
4   CR El Salvador 36 12 7 1 4
5   FC Barcelona 34 12 7 0 5
6   UE Santboiana 34 12 7 1 4
7   CR Cisneros 33 12 7 0 5
8   Ordizia RE 25 12 5 0 7
9   Pozuelo RU 23 12 5 0 7
10   Belenos RC 19 12 4 0 8
11   CP Les Abelles 18 12 3 0 9
12   Gernika RT 7 12 1 0 11
13   CR La Vila 0 12 0 0 12
     Campión de inverno.      Os seis primeiros pasan ó Grupo A e á Copa do Rei.      Os sete últimos pasan ó Grupo B.

Segunda fase editar

Nesta segunda fase da liga cada equipo xogará contra tódolos equipos do seu grupo, tendo os do Grupo A cinco partidos e os do Grupo B seis partidos. Nesta segunda fase da liga non se parte de cero puntos, mantéñense os puntos acadados por cada equipo durante a primeira fase.

Grupo A editar

Equipo Puntos PX PG PE PP
1   VRAC 70 17 14 1 2
2   CD Aparejadores 69 17 15 0 2
3   CR Ciencias 66 17 13 1 3
4   UE Santboiana 43 17 9 1 7
5   FC Barcelona 38 17 8 0 9
6   CR El Salvador 38 17 7 1 9
     Clasificados para Cuartos de Final e para a Copa do Rei.

Grupo B editar

Equipo Puntos PX PG PE PP
1   CR Cisneros 56 18 12 0 6
2   Ordizia RE 49 18 10 0 8
3   Belenos RC 37 18 8 0 10
4   CP Les Abelles 36 18 7 0 11
5   Pozuelo RU 31 18 6 0 12
6   Gernika RT 17 18 3 0 15
7   CR La Vila 0 18 0 0 18
     Clasificados para Cuartos de Final.      Promoción.      Descenso.

Eliminatorias polo título editar

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1.   VRAC  28
  8.   Ordizia RE  17  
  1.   VRAC  46
    4.   UE Santboiana  11  
  4.   UE Santboiana  38
  5.   FC Barcelona  31  
  1.   VRAC  40
    2.   CD Aparejadores  34
  2.   CD Aparejadores  32
  7.   CR Cisneros  22  
  2.   CD Aparejadores  28
    3.   CR Ciencias  21  
  3.   CR Ciencias  36
  6.   CR El Salvador  12  


Promoción editar

Gernika e La Vila remataron nas dúas últimas posición do campionato e perderon a categoría. Alcobendas acadou o ascenso directo despois de gañar a División de Honra B. A promoción foi disputada por Pozuelo, 11º na División de Honra, e Independiente, subcampión da División de Honra B. Nela o Pozuelo acadou a permanencia con claridade.

Ida
Independiente 25-73 Pozuelo
Volta
Pozuelo 93-19 Independiente

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar