División de Honra B de Rugby 2009-2010
A tempada 2009-2010 da División de Honra B foi a duodécima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Formato de competición editar
Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España e Madrid.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha eliminatoria de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo na que os gañadores acadaron o ascenso directo. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia entre si e os perdedores outra contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular editar
Grupo 1 editar
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | Hernani C.R.E. | 55 | 14 | 12 | 0 | 2 | 335 | 187 | 7 |
2º. | F.C. Barcelona | 54 | 14 | 11 | 0 | 3 | 366 | 205 | 10 |
3º. | B.U.C. | 44 | 14 | 8 | 1 | 5 | 317 | 206 | 10 |
4º. | Oviedo R.C. | 35 | 14 | 8 | 0 | 6 | 242 | 243 | 3 |
5º. | Vigo R.C. | 27 | 14 | 5 | 1 | 8 | 223 | 254 | 5 |
6º. | Getxo R.T. | 25 | 14 | 5 | 0 | 9 | 219 | 352 | 5 |
7º. | Durango R.T. | 19 | 14 | 3 | 0 | 11 | 190 | 323 | 7 |
8º. | Eibar R.T. | 18 | 14 | 3 | 0 | 11 | 196 | 318 | 6 |
Grupo 2 editar
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C. Alcobendas R. | 53 | 14 | 11 | 0 | 3 | 448 | 209 | 9 |
2º. | C.A.U. Valencia | 49 | 14 | 10 | 1 | 3 | 461 | 236 | 7 |
3º. | C.R. Liceo Francés | 47 | 14 | 10 | 0 | 4 | 253 | 169 | 7 |
4º. | C.R. Cisneros | 40 | 14 | 8 | 0 | 6 | 376 | 275 | 8 |
5º. | C.R.A. Portuense | 40 | 14 | 8 | 1 | 5 | 329 | 260 | 6 |
6º. | Helvetia Rugby | 23 | 14 | 5 | 0 | 9 | 198 | 317 | 3 |
7º. | C.D.U. Málaga | 11 | 14 | 2 | 0 | 12 | 238 | 478 | 3 |
8º. | Jaén R.C. | 8 | 14 | 1 | 0 | 13 | 136 | 495 | 4 |
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). |
|
Fase de ascenso editar
Eliminatorias polo ascenso | Ascendidos | ||||||
Hernani C.R.E. | 13 | 13 | |||||
C.A.U. Valencia | 18 | 9 | |||||
C.A.U. Valencia | |||||||
C. Alcobendas R. | |||||||
C. Alcobendas R. | 12 | 21 | |||||
F.C. Barcelona | 16 | 8 |
C.A.U. Valencia e C. Alcobendas R. acadaron o ascenso directo á División de Honra. Non houbo unha final para definir ó campión da categoría.
Málaga perdeu a categoría ó ser eliminado polo Eibar. Jaén perdeu a categoría ó rexeitar a disputa da eliminatoria pola permanencia contra Durango. Durango mantivo a categoría eliminando a Las Rozas na seguinte eliminatoria, mentres que Eibar foi eliminado por Arquitectura e descendeu.