División de Honra B de Rugby 2005-2006

A tempada 2005-2006 da División de Honra B foi a oitava edición da segunda división da liga de rugby de España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición editar

Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Madrid e Valencia repartidos entre os dous grupos.

Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular editar

Grupo 1 editar

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º.   C.R. Cisneros 66 14 14 0 0 419 133 10
2º.   Vigo R.C. 46 14 9 0 5 284 247 10
3º.   Gernika R.T. 40 14 8 0 6 335 321 8
4º.   Hernani C.R.E. 29 14 6 0 8 234 332 5
5º.   C.A.U. Valencia 27 14 5 1 8 257 319 5
6º.   Durango R.T. 25 14 4 0 10 271 301 9
7º.   Oviedo R.C. 24 14 5 1 8 246 383 2
8º.   R.C. L'Hospitalet 23 14 4 0 10 288 298 7

Grupo 2 editar

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º.   C.R.C. Pozuelo 65 14 13 0 1 81 140 13
2º.   C.R. Les Abelles 61 14 12 1 1 552 223 11
3º.   C.R.A. Portuense 38 14 8 0 6 286 344 6
4º.   C.D.U. Málaga 32 14 6 1 7 280 369 6
5º.   C.D.U. Sevilla 31 14 6 1 7 318 364 5
6º.   C.R.A. Portuense 24 14 5 0 9 266 396 4
7º.   C.A.R. 23 14 4 1 9 228 421 5
8º.   C.D. Arquitectura 3 14 0 0 14 189 672 3

Fase de ascenso editar

  Semifinais Final
               
 
   C.R. Cisneros 19 21  
   C.R. Les Abelles 15 14  
 
 
       C.R. Cisneros 18
     C.R.C. Pozuelo 40
 
   C.R.C. Pozuelo 26 57
   Vigo R.C. 12 16  

O campión da categoría foi o C.R.C. Pozuelo, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista C.R. Cisneros.
O CAR e o Oviedo perderon a categoría na promoción pola permanencia fronte ó CDU Granada e o Gaztedi respectivamente.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar