Distrito Nebbi
Nebbi District é un distrito da Rexión Norte de Uganda, denominado así pola súa cabeceira, Nebbi.
Nomeado en referencia a | Nebbi (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Norte (pt) | ||||
Capital | Nebbi (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Língua lendu (pt) Ndo (en) Lingua alur Southern Ma'di (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.953,2 km² | ||||
ISO 3166-2 | UG-310 | ||||
Páxina web | nebbi.go.ug |
Limita co Distrito Arua polo norte, co Distrito Amuru polo nordeste, co Distrito Nwoya polo leste, co Distrito Bulisa polo sueste, coa República Democrática do Congo polo sur e co Distrito Zombo polo oeste.[1] Nebbi, a súa cabeceira, atópase aproximadamente a 77 km ao sueste de Arua, o pobo principal da subrexión.[2]
O distrito divídese en dous condados: Padyere e Jonam. No ano 2010, o condado de Okoro separouse do Distrito Nebbi para formar o Distrito Zombo. Hai un pequeno aeroporto preto de Nebbi, que se pode alcanzar cun voo desde o aeroporto de Entebbe.
Hai unha catedral católica en Nebbi, e a diocese anglicana ten base en Goli, unha poboación situada na fronteira coa República Democrática do Congo, a uns 15 km ao sur de Nebbi. O primeiro bispo da diocese anglicana de Nebbi foi Henry Luke Orombi. O primeiro bispo católico foi John Baptist Odama.
A etnia predominante do distrito son os alur. O censo do ano 2002 estimaba a poboación do distrito, como é tras o 2010, de aproximadamente 226.310 habitantes. A taxa de crecemento estimouse nun 2.5% no 2002,[3] polo que a poboación no 2010 sería de 324.500 habitantes.
A agricultura e a gandaría, así como a pesca no lago Alberte e no río Nilo Branco, así como nos ríos Nyagak e Namrwodho, son as principais actividades económicas do distrito.[4]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial
- Nebbi District at Ugandatravelguide.com Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.