O disco de Nipkow é un aparello mecánico que divide unha imaxe nun único sinal continuo, foi patentado por Paul Gottlieb Nipkow en 1884.

Recreación dun sistema de televisión primitivo, no fondo á esquerda pódese observar un disco de Nipkow

Funcionamento editar

O aparello é un disco vertical rotante con perforacións dispostas en forma espiral desde o centro cara a fóra, ao rotar o disco cada perforación describe unha circunferencia de radio diferente e ao proxectar a luz dunha imaxe utilizando unha lente esa imaxe escanéase cun número de liñas igual ao de perforacións, esa luz que cada orificio deixa pasar recóllese nunha célula de selenio, que segundo a intensidade emite maior ou menor cantidade de corrente que se remite a un segundo disco de Nipkow que serve de receptor.

Usos editar

O propio Nipkow non chegou a construílo xa que a tecnoloxía da época non o permitía[1] pero serviu de fundamento a John Logie Baird para desenvolver o seu primeiro sistema de televisión, e tamén está na base dos microscopios confocais[2].

Notas editar