Diploma de Quiza Gonteríquiz

documento galego en escritura visigótica

O diploma de Quiza Gonteríquiz é un documento galego en escritura visigótica sobre pergamiño. O máis aceptado é que se trata dunha copia, dun ou varios orixinais, feita por un escriba do scriptorium de Carboeiro a finais do século IX ou a principios do X. Atópase no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela.[1][2]

Texto editar

 
Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, onde é posible que fose escrito o diploma de Quiza Gonteríquiz.

O texto rexistra como Quiza Gonteríquiz vende a Cakaril, Gondemaro, Fonsino e aos seus herdeiros o vilar de Zobra e a aldea de Nogueira, situada ao pé do monte Zobra, entre os ríos Leza e Fleta, polo prezo de sete vacas. Ademais doutros nomes aparecen Ramirus rex (Ramiro) e Silus rex (Silo) como testemuñas do trato. O feito de que aparezan dous reis aparentemente anacrónicos puido ser un intento de dar relevancia aos feitos acontecidos.

Foi obxecto de moitas críticas e estudos xa que se trata dun dos documentos conservados máis antigos da Galiza da alta idade media.

Datación editar

A pesar de que os feitos relatados están datados no ano 788 o tipo de letra, o estado do pergamiño e os acontecementos adornados levan aos expertos a deducir que se trata dunha copia dun documento orixinal máis antigo feita, probablemente, por un aprendiz de escriba ou alguén con pouca preparación no século IX.[1]

Localización editar

Aínda que Murguía quixo ver o río Deza no Leza é máis probable que se trate do río Leça, que situaría os feitos relatados no actual Portugal, nas Terras da Maia. Coincidindo así varios nomes cos topónimos actuais da zona: Nogueira, que coincide coa uilla Nugaria do diploma, Silva Escura, que coincide con Silun Scura, Curráis, identificable con Cúrrales e tamén aparece Pena, que puidera derivar das Pennas Maiores do diploma.[1] Quizais o que máis reforce a teoría de Murguía sexa a existencia do río Zobra en Zobra, que morre no Deza, topónimo repetido varias veces no diploma.

Texto orixinal editar

[In Dei nomi]ne. Ego Quiza Go[n]teriquiz a [ti]ui Cakaril, [G]ondemaro et Fonsino et heredibus uestris, in Domino Deo eterna salutem. Amen. [Plaguit nobis atque conuenit, nullius cogentis imperio neque su]adentis artigulo, sed propria nobis accésit uo[lu]mptas, ut faceremus a uobis cartula uenditionis sicut [et] fa[cimus de uillare nostro proprio quod uocitant de Zobra et de uilla] Nugaria, subtus mon[te] Zobra, que iace inter II ribul[os] L[e]za et Fletas, et inde per suis terminis antiquis, leua se ipsa uilla ... [stra]tas, et inde per ipsos términos super Causo, et inde per ipsos términos super Currales, et inde in Pennas Maiores, et inde ad ter[minum] ... et inde in [Silua] Scura, et inde in Anta, et inde in ribulo de Lobos, et inde per ipsa strata de Zobra que discurre in Portugale ... [et figit] unde pri[mi]ter dicimus. Uendimus a uobis ipso uillare de Zobra ab intigro, cum quantum que ibidem a prestitum ominis est ... [arbo]res fructuosas uel infructuosas, [p]etras mouiles uel inmouiles, aquis aquarum cum educ[ti]bus earum uel sesicas molinarum siue ... uilla do a uobis ipsa uilla atque conced[o, p]ro pretium qui de uos recepimus, que a nobis bene conplaguit, id est, V[II] [u]acas cum ... et de pretio aput uos nicil remansit in deuitum. Ita ut de odie uel tenpore ipsa uilare suprataxato de iure nostro abraso et i[n] u[estro] ... [tra]nslato, abeatis uos et filiis uestris et omnis poste[ri]tas uestras iuri quieto, et facia[tis de eo] quod [uestra ste]terit uolumtas ... [Et si] aliquis omo [de gens nostra] uel extranea ad inrunpendum uenerit [uel] uenerimus, quisquis ille fuerit, par[iet i]lla duplata posf ... [et uobis] perpetim habitura.

Facta cartula uenditionis V kalendas marcias, in era DCCC XXVI.

[E]go Uiza in hanc carta ...

Qui presentes fuerunt: Malerigus ts, Lodemirus ts, Osorio confirma, Sinplicius ts, Ranolfo ts, Todixuts, ... Donato ts, Frauinu ts, Auolinu ts, Goina conf., Ramirus rex conf., Silus rex conf.

Eirigus noduit.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Sáez, Carlos; Sáez, Emilio (1996). "El diploma de Quiza Gonteríquiz" (PDF). https://ebuah.uah.es/ (en castelán). Universidad de Alcalá de Henares. Consultado o 2023.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)
  2. Souto Cabo, José António (2009). "A propósito da «charte presque célèbre» de Quiza Gonteríquiz" (PDF). minerva.usc.es (en portugués). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2023.