Diomedes de Tracia

rei de Tracia, dono de catro eguas antropófagas

Na mitoloxía grega, Diomedes (en grego antigo, Διομήδης / Diomếdês), rei de Tracia, era un xigante, fillo de Ares e Cirene.[1] Viviu na ribeira do Mar Negro e gobernou a tribo guerreira dos bistóns.[2][3] Foi coñecido polas súas catro eguas comedoras de homes,[4] que foron roubadas por Heracles para completar o oitavo dos seus doce traballos, matando a Diomedes no proceso.[5]

Heracles e as eguas de Diomedes, detalles do mosaico dos doce traballos de Heracles de Liria (España), primeira metade do século III.

Notas editar

  1. Apolodoro. Perseus Digital Library Project. 2.5.8.
  2. Lucrecio, On the Nature of Things
  3. Euripides, Alcestis.
  4. Quinto de Esmirna. Posthoméricas, Libro VI.
  5. Apolodoro. Perseus Digital Library Project, 2.5.8.

Véxase tamén editar