Digimon Adventure

Digimon Adventure (デジモンアドベンチャー Dejimon Adobenchā?) é unha serie de animación xaponesa creada en 1999 por Toei Animation, baseada no filme do mesmo nome. É a primeira serie de animación da franquía Digimon. A serie continúa cos mesmos personaxes en Digimon Adventure 02.

Digimon Adventure
{{{caption}}}
デジモンアドベンチャー
(Dejimon Adobenchā)
Anime Digimon Adventure
Dirixido por Hiroyuki Kakudou
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 7 de marzo de 1999
Última emisión 26 de marzo de 2000
Núm. de capítulos 54
Traballos relacionados

Sinopse editar

O 1 de agosto de 1999, sete nenos do Xapón son repentinamente trasladados a unha estraña dimensión, chamada "Digital World", mentres estaban nun campamento de verán. Durante as súas aventuras, os nenos Tai, Matt, Sora, Izzy, Mimi, Joe, e T.K., descobren que se atopan nun lugar onde habitan criaturas dixitais chamadas "Digimon". Facendo amizade con sete digimon, os nenos aprenden que teñen a habilidade de axudar a evolucionar ós seus compañeiros Digimon (digivolve) en formas máis fortes e poderosas que poden combater ós inimigos durante un curto período de tempo.

Personaxes editar

Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.

Personaxes principais editar

Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe
Taichi "Tai" Kamiya
Yagami Taichi (八神 太一)
Toshiko Fujita (XAP) Agumon Chika Sakamoto (XAP)
O líder dos nenos elixidos e o irmán máis vello de Kari Kamiya. Caracterízase por ser algo testán, pero tamén valente e alegre. Ten o emblema do Valor.
Yamato "Matt" Ishida
Ishida Yamato (石田 ヤマト)
Yuuto Kazama Gabumon Mayumi Yamaguchi
Aínda que é unha persoa bondadosa e o líder secundario, vese a miúdo como o Lobo solitario do grupo. É o irmán máis vello de T.K. Takaishi. Ten o emblema da Amizade.
Sora Takenouchi
Takenouchi Sora (武之内 空)
Yuko Mizutani Biyomon
Piyomon
Atori Shigematsu
Sora é unha rapaza moi fiable e trata de coidar dos outros nenos. Polo tanto, o seu papel representa unha figura materna para varios personaxes. Ten o emblema do Amor.
Koushiro "Izzy" Izumi
Izumi Kōshirō (泉 光子郎)
Umi Tenjin Tentomon Takahiro Sakurai
Un pensador moi intelixente e lóxico, a pesar de estar entre os máis xoves do grupo. Tamén é un experto en informática e emprega constantemente o seu portátil. Ten o emblema do Coñecemento.
Mimi Tachikawa
Tachikawa Mimi (太刀川 ミミ)
Ai Maeda Palmon Shihomi Mizowaki
Nun principio é vista como a egoísta e mimada do grupo, pero Mimi é cariñosa e moi leal ós seus amigos. Ten o emblema da Inocencia.
Joe Kido
Kido Jō (城戸 丈)
Masami Kikuchi Gomamon Junko Takeuchi
O máis maior do grupo. É responsable e reflexivo, pero preocúpase demasiado. trata de actuar como a voz da razón do grupo. Ten o emblema da Sinceridade.
Takeru "T.K." Takaishi
Takaishi Takeru (高石 タケル)
Hiroko Konishi Patamon Miwa Matsumoto
O máis cativo de todos e irmán máis novo de Matt. Ó comezo depende demasiado dos demais, pero logo aprende a desenvolverse por si mesmo. Ten o emblema da Esperanza.
Hikari "Kari" Kamiya
Yagami Hikari (八神 ヒカリ)
Araki Kae Gatomon
Tailmon
Yuka Tokumitsu
Xentil, pero fráxil, Kari únese ó grupo tempo despois, porque non puido ir ó campamento por estar enferma. É a irmá máis nova de Tai. Ten o emblema da Luz.

Malvados editar

Devimon
(デビモン)
Episodios 1-13 Kaneto Shiozawa
O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Destruído por Angemon. Reaparece nos episodios 19 a 21 en Digimon Adventure 02 , onde o Emperador Digimon emprega os seus datos para completar a Kimeramon.
Etemon
(エテモン)
Episodios 14-20, 46-47 Yasunori Masutani (JP)
O segundo malvado ó que se enfrontan. Destruído por primeira vez por MetalGreymon, pero máis tarde regresou como MetalEtemon. MetalEtemon foi destruído por SaberLeomon e Zudomon.
Myotismon
Vamdemon (ヴァンデモン)
Episodios 20-39 Ryūzaburō Ōtomo
Terceiro malvado. Destruído por vez primeira por Angewomon e os outros digimons, pero regresou como VenomMyotismon. Destruído outra vez por WarGreymon e MetalGarurumon. Reaparece en Digimon Adventure 02 como MaloMyotismon, foi destruído por Imperialdramon Fighter Mode.
Piedmon
Piemon (ピエモン)
Episodios 50-52 Chikao Ōtsuka
O líder dos Mestre Escuros. Destruído por MagnaAngemon coa axuda de WarGreymon e MetalGarurumon.
MetalSeadramon
Piemon (ピエモン)
Episodios 41-42 Yuuto Kazama
O señor do Net Ocean, un gran océano cunhas poucas illas. Cando os nenos elixidos loitaban contra Myotismon en Toquio, MetalSeadramon tomou o control da porción do océano da Montaña Espiral. Destruído por WarGreymon.
Machinedramon
Mugendramon (ムゲンドラモン)
Episodios 48-49 Hisao Egawa
O señor da Digital City, que semella unha fusión das cidades máis importantes da Terra. Destruído por WarGreymon.
Apocalymon
Apokarimon (アポカリモン)
Episodios 52-54 Chikao Ōtsuka
O malvado que orixinalmente puxo ó Digital World en perigo. O creador dos Mestres Escuros e o que lles deu a Devimon, Etemon e Myotismon) os seus poderes. Foi definitivamente destruído polos esforzos combinados de WarGreymon, MetalGarurumon, Garudamon, MegaKabuterimon, Lillymon, Zudomon, MagnaAngemon e Angewomon.
Puppetmon
Pinocchimon (ピエモン)
Episodios 43-47 Etsuko Kozakura
O menor dos Mestres Escuros e o que máis tempo durou na loita contra os nenos elixidos (cinco episodios). Destruído por MetalGarurumon.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar