Diego de Muros I

teólogo, profesor, predicador e embaixador real, bispo de Tuy e Ciudad Rodrigo


Diego de Muros, nado en Muros e finado en Ciudad Rodrigo en 1492, foi un relixioso galego da Orde dos Mercedarios. É coñecido como Diego de Muros I para distinguilo de dous sobriños seus do mesmo nome.

Infotaula de personaDiego de Muros I
Biografía
Nacemento1405 Editar o valor em Wikidata
Muros Editar o valor em Wikidata
Morte1492 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Ciudad Rodrigo Editar o valor em Wikidata
Bispo de Cidade Rodrigo
1 de xuño de 1487 –
← Pedro Beltrán (en) TraducirJuan Ortega Bravo de la Laguna (en) Traducir →
Bispo de Tui
15 de xuño de 1472 –
← Pedro Fernández de Solís (en) TraducirPedro Beltrán (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1473 (Gregoriano)–), Sacerdote católico de rito romano Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde da Mercé Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónŠimun Vosić (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Interveu, xunto a Pedro González de Mendoza, a favor de Isabel a Católica na súa loita sucesoria conta Xoana a Beltranexa. O 12 de xuño de 1472, consagrado como bispo, pasou a ocupar a sé da diocese de Tui, desde onde defendeu mesmo mediante coas armas os intereses dos Reis Católicos fronte á nobreza galega. Tamén tomou as armas contra os portugueses. Tivo fortes enfrontamentos con Pedro Madruga, quen, tras queimar a súa casa en Baiona, o tivo preso no castelo de Fornelos, o castelo de Vimianzo e o castelo de Monterreal.

O 1 de xuño de 1487 trasladouse a Castela á sé de Ciudad Rodrigo, onde finou cinco anos máis tarde.

Bispo de Tui editar

A súa actividade como bispo de Tui é relativamente ben coñecida, posto que se conservan algúns documentos orixinais emitidos durante o seu mandato, como as Constitucións do Sínodo de Tui. Nese documento apréciase o empeño do bispo por reformar os costumes do Cabido. A moralidade e formación dos cóengos relaxárase moito nos anos centrais do século, aproveitando a inestabilidade no goberno da sede e a convulsión social que rodeou ao conflito das Irmandades.[1]

Así mesmo, consérvanse tamén unhas ordenanzas do Concello de Tui, ditadas polo bispo en 1484. O Concello existía xa con anterioridade, polo que as ordenanzas deben entenderse como unha tentativa de asentar o poder do Cabido sobre o Concello e de regular as súas competencencias e órganos de goberno. Entre as medidas recollidas nesas ordenanzas está a da renovación dos cargos do concello, á cal se procedía o 1 de xaneiro.[2]

Notas editar

  1. Sánchez Carrera (1997), pp. 269 e ss..
  2. Sánchez Carrera (1997), pp. 213–239.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • González Novalin, J.L. (1974). (Patronato de la Casa de Colón). "Don Diego de Muros, Obispo de Canarias, su personalidad humanística y su aportación literaria a las Crónicas Granadinas del 1487 y 1488". Anuario de Estudios Atlánticos (en castelán) (Madrid - As Palmas de Gran Canaria) (20): 13–107. ISSN 0570-4065. 
  • Sánchez Carrera, María del Carmen (1997). El bajo Miño en el siglo XV: el espacio y los hombres (en castelán). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 8489748136. 
Predecesor:
Rodrigo de Vergara
Diocese de Tui
1472-1487
Sucesor:
Pedro Beltrán
Predecesor:
Pedro Beltrán
Diocese de Ciudad Rodrigo
1487-1492
Sucesor:
Juan de Ortega