Didi shesveneba

filme de 2022 dirixido por Davit Pirtskhalava

Didi shesveneba (en xeorxiano: დიდი შესვენება) é un filme xeorxiano de 2022 dirixido e escrito por Davit Pirtskhalava. Foi escollido como candidato de Xeorxia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.

Didi shesveneba
Ficha técnica
Título orixinalდიდი შესვენება
DirectorDavit Pirtskhalava
GuiónDavit Pirtskhalava
IntérpretesShako Mirianashvili
Giorgi Sharvashidze
Sandro Kalandadze
MúsicaNodar Nozadze
Nika Paniashvili
FotografíaShalva Sokurashvili
EstudioMillimeter Film
Estrea2022
Duración117 minutos
OrixeXeorxia Xeorxia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt11703882 Filmaffinity: 654755 Editar o valor em Wikidata

Sinopse

editar

Despois de trece anos da súa graduación, Tsitsi fai unha reunión cos seus antigos compañeiros de clase co pretexto de lembrar os seus días no instituto e tomarlle unha. Porén, Tsitsi agocha as súas verdadeiras intencións, quere castigar a Guga, que sempre lle fixo a vida imposíbel na clase.

Personaxes

editar
  • Shako Mirianashvili como Tsitsi
  • Giorgi Sharvashidze como Guga
  • Sandro Kalandadze como Pochkua
  • Gaga Shishinashvili como Gulo
  • Davit Chitaia como Chito
  • Goga Kobalia como Kuku
  1. "Georgia Selects "A Long Break" as Oscar Candidate". Caucasus Business Week. Consultado o 15 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar