Didi
Valdir Pereira, Didi ou O Príncipe Etíope (así era chamado) é un futbolista, bicampión mundial co Brasil nas copas do mundo de 1958 e 1962. Foi un dos medios máis técnicos da historia do Fútbol, e un dos "culpables" de que ao fútbol brasileiro se lle comezara a chamar "fútbol-samba". Canto aos clubs, foi un dos líderes do Clube Botafogo de Futebol e Regatas.
De entre o seu legado queda a "Folla seca", que consiste nun golpeo ao balón facendo que baixe de súpeto. Isto enganaba os porteiros, xa que daba a impresión de que os seus disparos ían por riba do longueiro, cando en vez diso caían facendo un estraño que remataba no fondo das mallas. Tamén foi o inventor da "paradiña" nos lanzamentos de penalti, xesto que Pelé remataría de perfeccionar.