Diario de Galicia (Vigo)

Diario de Galicia foi un diario galego publicado en Vigo de 1988 a 1989.

Diario de Galicia
Remata4 de febreiro de 1989
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O primeiro número apareceu o 12 de marzo de 1988 e desapareceu o 4 de febreiro de 1989. Camilo Prado Freire era o presidente do Consello de Administración. O que inicialmente ía ser o seu director, Segundo Mariño, foi substituído por Xosé Antón Gaciño, que ao cabo de seis meses deu paso a Antonio Ojea. Malia a súa curta vida tivo unha forte repercusión na escenario da prensa galega, e aínda que maioritariamente en castelán o uso do galego era bastante maior que no resto dos diarios galegos. O xornal contaba coa sinatura de importantes figuras da cultura galega, como Manuel Rivas (subdirector), Xavier López Rodríguez, Carlos Lema ou Pepe Carreiro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar